Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta “non contesta as solicitudes para a utilización do Centro Comarcal” asegura o BNG de Viveiro

Nota de Prensa

BNG VIVEIRO

O BNG de Viveiro, por medio do seu portavoz Xosé A. Goás , ven de denunciar que a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galiza, non contesta as solicitudes para a utilización do Centro Comarcal.

“Solicitamos o venres 26 de febreiro o salón de actos do Centro Comarcal, para a celebración dun acto explicativo do POL (no que atinxe a súa aplicación en Viveiro) para o día 6 de Marzo. A día de hoxe a Consellería deu  a calada por resposta . Nin siquera contestaron a solicitude. Consideramos que este espazo público, debe ser utilizado por grupos políticos, asociacións…., como se fixo anteriormente co goberno bipartito, polos grupos e colectivos que o solicitaron.

O Partido Popular, prefire que que o salón de actos fique baleiro, totalmente infrautilizado,  a que o BNG explique aos vecinos e veciñas de Viveiro,  como afectará o Plan de Ordenación do Litoral a nosa Vila”.

Este contratempo, obrigou ao BNG de Viveiro, a aplazar o acto explicativo do Plan de Ordenación do Litoral , para a vindeira semana. Será o xoves día 11 as 20,30 horas no Salón de Actos do Instituto María Sarmiento de Viveiro”.

Exit mobile version