Site icon Crónica3.com A Mariña

A xestión económica do PP en Barreiros é tan desastrosa coma a urbanística, asegura o BNG

Nota de Prensa

O BNG CONSIDERA UN ESCÁNDALO QUE O CONCELLO REDUCISE A DISPONIBILIDADE ECÓNOMICA DOS SEUS ORZAMENTOS DE 2010 EN MÁIS DE 832.000 EUROS POLA DÉBEDA DE ANOS ANTERIORES. OS NACIONALISTAS ASEGURAN QUE A XESTIÓN ECONÓMICA DO PP EN BARREIROS É  TAN DESASTROSA COMA A URBANÍSTICA.

Barreiros, 26 de marzo de 2010.  O BNG de Barreiros considera un escándalo que a día de hoxe o Concello de Barreiros reducise a disponibilidade económica nos seus orzamentos en máis de 832.000 euros pola débeda de anos anteriores. Os nacionalistas aseguran que a xestión económica do PP en Barreiros é tan desastrosa coma a urbanística “e eso a pesares de contar cun flamante concelleiro de economía”.

Para Xesús Díaz “escandaloso que o Concello de Barreiros reducise a disponibilidade económica nos seus orzamentos en máis de 832.000 euros pola débeda de anos anteriores. Esa cifra sumada ao gasto fixo de persoal de 1,7 millóns de euros, fai que dos 3,5 millóns de euros de orzamento para este 2010 xa estean comprometidos nin máis nin menos que 2,5 millóns. De seguir así a mediados de ano o Concello non terá fondos para gastar en nada e eso sen saber si os ingresos cos que se conta chegan a producirse. Se non fose así habería que recurrir a buscar algún tipo de financiación con créditos, unha situación que será moi difícil de aguantar”.

Segundo explican desde o BNG “o Concello de Barreiros levou ao pleno ordinario celebrado onte un novo recoñecemento extraxudicial de créditos por importe de 243.000 euros dos que 107.070 son para pagar gastos de servizos xurídicos polos contenciosos en materia de urbanismo. Xa na sesión do 29 de xaneiro deste ano recoñeceranse 589.000 euros de facturas pendentes de pago dos anos 2008 e 2009. E no que vai deste 2010 temos un total de 832.731,74 € de débeda recoñecida, á que teñen que facer fronte con cargo aos orzamentos deste ano. Iste é pois un gasto ineludible e de obrigado cumprimento, xunto cos gastos de persoal, según se recolle no informe de intervención”.

Díaz engade que “é curioso que xa no seu día a secretaria-interventora advertíu cando se aprobaron os orzamentos de 2009 que éstes non contemplaban o suficente crédito para facer fronte aos gastos xudiciais que se prevían, dada a cantidade de contenciosos nos que estaba inmerso o Concello e a alcaldía non fixo caso dese informe”.

Desde o Bloque Nacionalista Galego advirten que “con esta situación probablemente a mediados de ano, o Concello de Barreiros non poida facer fronte a moitos gastos, pois, como di o informe da interventora emitido para este pleno: Este recoñecemento extraxudicial de créditos implica unha necesaria contención do gasto neste exercicio 2010 xa que estes gastos esgotan unha parte importante das partidas de gastos correntes e unha parte de inversión. Son gastos prioritarios no pago, xunto cos gastos de persoal”.

Exit mobile version