Fálase moito das fusións das caixas, dinos que é necesario a pesar de que ao mesmo tempo comentan que todas están moi ben, pois se están moi ben porque é preciso fusionalas?. Debe de ser que non están tan ben ou será que eu de economía non entendo case nada do mesmo xeito que os que se apelidan economistas?.
Pero aparte do debate da solvencia das caixas, que do mesmo xeito que doutros sectores están entre enganchados e moi enganchados en investimentos especulativos inmobiliarios, o que queda claro é que a sensación fundamentada que as fusións son unha repartición de novas cadeiras mirando de garantir que sigan existindo as mesmas de antes.
Coas fusións aínda nos teñen que explicar en que melloraremos as persoas e as empresas, teremos maior liquidez?, faremos unha verdadeira obra social? ou seguiremos competindo ridiculamente nos festivais de verán, romeiras, feiras, festas e mercados.
A territorialidade das caixas só serviu como unha estratexia de negociación, e territorialmente a primeira consecuencia que haberá será a destrución entre centos e miles de postos de traballo, que por moito serán prexubilados, é destrución de ocupación de calidade.
Iso si, do mesmo xeito que na banca, as caixas recibirán millóns e millóns de euros, din que para sanear ás dúas de Galicia, que non galegas, fan falta uns 1.500 quilos de euros, e o máis grave non saberemos nin como nin porque, o único seguro, o mesmo que á banca, é que non chegarán nin ás empresas nin ás familias, e entón porque calan as fusións para seguir pagando os soldos sen medidas a personaxes como o presidente da Confederación de Caixas, presidentes da do sur e a do norte, de Galicia, eméndase, para que poida ir dando leccións ao persoal, aquí calquera “niquitris” convértese en economista? no canto de asumir responsabilidades pola mala xestión das caixas galegas.
Di o refraneiro popular que “ A grandes males, grandes remedios” tratase de unha expresión proverbial utilizada para indicar que todas as desgracias poden ter reparación . Esforzo e valor son necesarios para dar solución aos problemas. Os inconvenientes superarse con inxenio, rapidez e coraxe.
Otero Regal