Site icon Crónica3.com A Mariña

“A Mariña por riba de todo” di o PP, sen especificar que é todo

NOTA DE PRENSA

Os populares xulgan positivo que os distintos concellos da nosa comarca poidan sumar o  seu apoio á petición popular para o recoñecemento do Camiño do Mar como ruta xacobea

O PP PRESENTARÁ E DEFENDERÁ CANTAS INICIATIVAS DE IMPULSO Á ACCIÓN DO GOBERNO POIDAN SER BENEFICIOSAS PARA A MARIÑA LUCENSE

* Os dirixentes do BNG perderon o único deputado do que dispoñían na Cámara galega, por decisión dos veciños da Mariña, e despois de non saber defender como corresponde os intereses desta comarca. Esto contrasta coa suba  en apoio electoral do PPdeG, que pasou de ter un a dous parlamentarios.

A Mariña, 5 de marzo de 2009.- O Paritdo Popular  vén de defender  a presentación de cantas iniciativas parlamentarias poidan redundar  en beneficio da Mariña lucense e dos seus veciños, como  é o caso da petición de  recoñecemento oficial como ruta xacobea do Camiño do Mar, o itinerario de peregrinación que  transcorre polos concellos do  litoral da nosa  comarca. Deste  xeito, os populares, saen  ao paso das críticas do BNG a  esta iniciativa e defenden a  pretensión do Partido Popular para que os distintos concellos da Mariña podan tamén amosar o seu apoio, sumar esforzos para este recoñecemento, a través da aprobación de distintos acordos plenarios.

IMPULSO Á ACCIÓN DO GOBERNO

Os populares insisten en que  os seus deputados no Parlamento de  Galicia –Jose Manuel Balseiro Orol e Emma  Álvarez Chao- non renunciarán a rexistrar cantas  iniciativas de  impulso á acción do Goberno sexan necesarias e positivas para a comarca,  xa que  logo se por algo se ten caracterizado ao  Partido Popular é “polo seu compromiso  con esta terra, tanto desde a oposición como agora na  responsabilidade de Goberno”.

Precisamente esto “nos diferenza do BNG que cando formaban parte do Executivo bipartito estivo catro anos mudo, e non soubo defender como corresponde  á nosa  comarca”. Os nacionalistas incluso convertéronse nunha forza residual ao perder o único deputado que tiña no Parlamento de Galicia, mentres que os votos dos  veciños da Mariña outorgáronlle un parlamentario máis –agora son  dous- ao Partido Popular.

A MARIÑA POR RIBA DE TODO

Os nacionalistas aínda non teñen asumido que “A Mariña está por riba de todo” e seguen a desenvolver unha política “caduca”, incapaces de demandar a un Goberno da súa mesma cor política calquera tipo de  cuestión positiva para esta comarca. Esta incapacidade non só é síntoma do mínimo peso político  dos dirixentes comarcais do BNG no seo do seu partido. “Podemos  velo na Deputación, onde Gobernan, e o Sr. Veiga foi incapaz  de defender unha soa petición a prol desta comarca” senón tamén do servilismo incondicional ao que facía o Goberno bipartita, aínda que cometera erros e prexudicar aos mariñáns. En contraste con esta situación no PP, os seus dous deputados non teñen ningún reparo para “orientar  a acción de Goberno  a  prol dos mariñaos” como acontece, por exemplo, co  recoñecemento  do Camiño do Mar.

Os populares subliñan unha vez máis os múltiples beneficios turísticos, de posta en valor do patrimonio cultural  e paisaxístico, e de interese relixioso que dispor dunha nova ruta xacobea implica e manteñen a súa aposta non só pola  iniciativa parlamentaria plantexada senón tamén pola presentación e posterior debate das mocións municipais.

Exit mobile version