NOTA DE PRENSA
Os populares xulgan positivo que os distintos concellos da nosa comarca poidan sumar o seu apoio á petición popular para o recoñecemento do Camiño do Mar como ruta xacobea
O PP PRESENTARÁ E DEFENDERÁ CANTAS INICIATIVAS DE IMPULSO Á ACCIÓN DO GOBERNO POIDAN SER BENEFICIOSAS PARA A MARIÑA LUCENSE
* Os dirixentes do BNG perderon o único deputado do que dispoñían na Cámara galega, por decisión dos veciños da Mariña, e despois de non saber defender como corresponde os intereses desta comarca. Esto contrasta coa suba en apoio electoral do PPdeG, que pasou de ter un a dous parlamentarios.
A Mariña, 5 de marzo de 2009.- O Paritdo Popular vén de defender a presentación de cantas iniciativas parlamentarias poidan redundar en beneficio da Mariña lucense e dos seus veciños, como é o caso da petición de recoñecemento oficial como ruta xacobea do Camiño do Mar, o itinerario de peregrinación que transcorre polos concellos do litoral da nosa comarca. Deste xeito, os populares, saen ao paso das críticas do BNG a esta iniciativa e defenden a pretensión do Partido Popular para que os distintos concellos da Mariña podan tamén amosar o seu apoio, sumar esforzos para este recoñecemento, a través da aprobación de distintos acordos plenarios.
IMPULSO Á ACCIÓN DO GOBERNO
Os populares insisten en que os seus deputados no Parlamento de Galicia –Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao- non renunciarán a rexistrar cantas iniciativas de impulso á acción do Goberno sexan necesarias e positivas para a comarca, xa que logo se por algo se ten caracterizado ao Partido Popular é “polo seu compromiso con esta terra, tanto desde a oposición como agora na responsabilidade de Goberno”.
Precisamente esto “nos diferenza do BNG que cando formaban parte do Executivo bipartito estivo catro anos mudo, e non soubo defender como corresponde á nosa comarca”. Os nacionalistas incluso convertéronse nunha forza residual ao perder o único deputado que tiña no Parlamento de Galicia, mentres que os votos dos veciños da Mariña outorgáronlle un parlamentario máis –agora son dous- ao Partido Popular.
A MARIÑA POR RIBA DE TODO
Os nacionalistas aínda non teñen asumido que “A Mariña está por riba de todo” e seguen a desenvolver unha política “caduca”, incapaces de demandar a un Goberno da súa mesma cor política calquera tipo de cuestión positiva para esta comarca. Esta incapacidade non só é síntoma do mínimo peso político dos dirixentes comarcais do BNG no seo do seu partido. “Podemos velo na Deputación, onde Gobernan, e o Sr. Veiga foi incapaz de defender unha soa petición a prol desta comarca” senón tamén do servilismo incondicional ao que facía o Goberno bipartita, aínda que cometera erros e prexudicar aos mariñáns. En contraste con esta situación no PP, os seus dous deputados non teñen ningún reparo para “orientar a acción de Goberno a prol dos mariñaos” como acontece, por exemplo, co recoñecemento do Camiño do Mar.
Os populares subliñan unha vez máis os múltiples beneficios turísticos, de posta en valor do patrimonio cultural e paisaxístico, e de interese relixioso que dispor dunha nova ruta xacobea implica e manteñen a súa aposta non só pola iniciativa parlamentaria plantexada senón tamén pola presentación e posterior debate das mocións municipais.