BURELA (FNC) .- Segundo indicou o alcalde de Burela, Alfredo Llano, o pleno da Mancomunidade de Municipios da Mariña que onte se celebrou no salón de sesións do Concello burelés analizou propostas para o traslado do lixo dos concellos e interesouse polos prazods do corredor Barreiros-Ferrol. Alfredo Llano contou que “estamos a analizar varias propostas para o traslado do lixo dos puntos limpos dos concellos. Ademáis eu fixen unha suxerencias para que se apure a liña de axudas ás zonas afectadas coas chuvias do pasado 23 de xaneiro, tanto desde Medio Ambiente da Xunta como desde Augas de Galicia”. O rexedor suliñou que tamén “acordamos instar á Xunta e ao Goberno estatal para que nos informen dos prazos e dos pasos que se están a dar para a posta en funcionamento do corredor Barreiros-Ferrol”.
A Mancomunidade de A Mariña pide información sobre prazos do corredor Barreiros-Ferrol
A Mancomunidade de A Mariña pide información sobre prazos do corredor Barreiros-Ferrol
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
Arrincou en Ribadeo o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña