Site icon Crónica3.com A Mariña

A licitación obras de reforma e mantemento no Hospital da Costa por importe de 615 mil euros

BURELA .- A subdirección xeral de Investimentos prevé un orzamento total 615.400,38 euros e un prazo de execución de seis meses para a reforma de cuberta e rampla, ampliación unidade de farmacia e arquivo do Hospital da Costa de Burela

Nota de Prensa

O Diario Oficial de Galicia de hoxe publica a Resolución do 18 de febreiro de 2010, da  Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, polo trámite urxente da obra de reforma de cuberta e rampla, ampliación unidade de farmacia e arquivo do Hospital da Costa de Burela (Lugo)

A Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos prevé un Orzamento total con IVE: 615.400,38 € e un prazo de execución de seis (6) meses.

Exit mobile version