BURELA .- A subdirección xeral de Investimentos prevé un orzamento total 615.400,38 euros e un prazo de execución de seis meses para a reforma de cuberta e rampla, ampliación unidade de farmacia e arquivo do Hospital da Costa de Burela
Nota de Prensa
O Diario Oficial de Galicia de hoxe publica a Resolución do 18 de febreiro de 2010, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, polo trámite urxente da obra de reforma de cuberta e rampla, ampliación unidade de farmacia e arquivo do Hospital da Costa de Burela (Lugo)
A Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos prevé un Orzamento total con IVE: 615.400,38 € e un prazo de execución de seis (6) meses.