Site icon Crónica3.com A Mariña

Ginés Rodríguez Fernández é campión da liga de bolos de Xove a falta da tirada de Vilachá

XOVE .- Despois de repetir como subcampión e acadar terceiros postos durante varias ligas, Ginés Rodríguez Fernández, proclamouse campión da Liga de Bolos de Xove a falta de celebrarse a tirada de Vilachá.

Nota de Prensa

INCIDENCIAS DA 17ª TIRADA

CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ (13 DE MARZO)

Tarde fria e boa participación con 36 inscritos: 9 na Liga Feminina, 5 na Liga Sub 18 e 22 na Liga Senior.

Liga Senior.-  POR FIN!. Despois de innumerables subcampionatos e terceiros postos, GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ proclamouse campión da Liga de Bolos de Xove na súa XXIª Edición, trais unha reñida tempada co subcampión José Rafael González. Ademáis proclamouse campión ao grande, ousexa, gañando a tirada de  Vilachá, o cal lle dá os puntos suficientes para ser matematicamente campión. Ginés Rodríguez, que ademáis é o Presidente do Club de Bolos Xove, persoa moi vinculada ao deporte autóctono galego, vé así cumprido un dos seus soños, que é o de gañar a competición de Bolos, que segundo os nosos datos, é a máis antiga de Galicia. A tenacidade e a perseverancia, ao final das os seus froitos. Noraboa a Ginés.

Nesta categoría inda quedan algunhas cousas por dilucidar, dado que César Cancelos inda non ten asegurado o terceiro posto final; con 9 puntos de ventaxe sobre Carlos Javier Rodríguez vai se moi difícil que se lle escape, pero nos bolos todo é posible. Carlos Javier que viña desenvolvendo unha segunda volta excelente, fallou estrepitosamente en Vilachá, onde non foi capaz de puntuar, dahí que as súas posibilidades de acceder ao caixón final mermaran grademente. Para o TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL Á MELLOR BOLADA, temos, a falta da proba final de Sumoas,   a Augusto Albo e José Manuel Cociña Rivera con 75 puntos, polo que si non se supera a bolada en Sumoas, terán que ir ao desempate.

Liga Sub 18.- Con todo practicamente decidido, nesta xornada quedaron definidos os dous primeiros postos, sin variacións no guión. Os catro puntos acadados por José Vigo chéganlle para proclamarse  matematicamente por primeira vez CAMPIÓN  da Liga Sub 18 de bolos, estando acompañado no segundo peldaño do caixón por Cristian Rodríguez, quen ao final non puido con Jose Vigo. Pero queda inda un posto no caixón, para o cal están pelexando Óscar Pérez (55 puntos) e o campión da pasada edición Andrés Rodríguez (51 puntos), os cales van dirimir ese tereceiro posto na útlima tirada de Sumoas.

Para o TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL Á MELLOR BOLADA, temos, a falta da proba final de Sumoas,   a Cristian Rodríguez e José Vigo con 68 puntos, polo que si non se supera a bolada en Sumoas, terán que ir ao desempate.

Liga Feminina.- Decididos xa os dous primeiros postos do podium, con Carmen Roca no máis alto e Dolores Baño no segundo peldaño, queda tamén por dilucidar o e escalón. Para terceira posición temos a Marta Álvarez con 33 puntos, gracias á victoria obtida en Vilachá, e a Salomé Bermúdez con 31 puntos. Elas dúas se terán que xogar ese terceiro peldaño o vindeiro venres en Sumoas.

Como dixemos, a temporada regular vai rematar o VENRES, 19 DE MARZO NO CENTRO SOCIAL DE SUMOAS, e remata o día 19 porque varios xogadores do Club de Bolos Xove vanse desprazar ao Campionato Galego de Bolos que vai ter lugar en Nigrán (Pontevedra) a partir do día 20 de marzo.

Nesta tirada de Sumoas, ao final da competición, vaise celebrar a entrega de trofeos, a cal vai estar presidida polo Alcalde de Xove, acompañado da Concelleira de Cultura e outras autoridades. Imos contar tamén coa presencia dun representante da Autoescuela Mundial Xove, a cal ven colaborando coa nosa Liga dende hai bastantes anos, polo cal queremos tranmitirlles o noso máis sinceiro agradecemento.

Entre os premios que se van entregar de todas categorías, imos salientar o TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL ao Xogador Máis Veterano do campionato, que un ano máis recaeu en Modesto Albo vidal, quen vai camiño dos 81 anos, que neste momento ocupa o 11º posto nunha clasificación de 26 xogadores. Casi nada!

TIRADA DO CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ (13 MARZO 2010)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE    VILACHÁ  (13 MARZO 2010) =  36  INSCRITOS:   22  NA LIGA SENIOR,    5  NA LIGA SUB 18  E     9  NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 180 12
SEGUNDO JOSÉ  ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO 178 10
TERCEIRO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 174 8
CUARTO AUGUSTO ALBO OCAMPO 172 7
QUINTO JORDI MEITÍN SERANTES 172 6
SEXTO MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 171 5
SÉTIMO LUIS RANCAÑO BOUSO 169 4
OITAVO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 169 3
NOVENO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 165 2
DÉCIMO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 161 1
MELLOR BOLADA RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ 72 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO ÓSCAR PÉREZ MEITÍN 185 6
SEGUNDO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO 168 4
TERCEIRO JOSE VIGO LAGE 154 3
CUARTO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 139 2
QUINTO ALEX MEITÍN SERANTES 111 1
MELLOR BOLADA JOSE VIGO LAGE 69 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO M ARTA ÁLVAREZ FERNÁN DEZ 120 6
SEGUNDO DOLORES BAÑO FRAFA 94 4
TERCEIRO MARÍA TERESA RAMOS FERNÁNDEZ 81 3
CUARTO SALOMÉ  BERMÚDEZ BEN 64 2
QUINTO CARMEN ROCA CORRAL 63 1
Exit mobile version