Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación tiña presa en adxudicar Innova-te, asegura o PP

NOTA DE PRENSA

O GPPP afirma que a Deputación tiña moita presa por adxudicar o proxecto do Innova-te

* Os populares suliñan que na mesma data foron convocadas dúas mesas de contratación con este obxectivo cando o habitual é que transcurra un mínimo de cinco día entre unha e outra

Lugo, a 8 de marzo de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular afirmou que a Deputación tiña moita presa por adxudicar o proxecto do Innova-te, dado que, na mesma data, foron convocadas as mesas de contratación para a apertura das ofertas económicas, que se reuniu o día 21 de xaneiro, xoves, e para a aprobación da proposta de adxudicación provisional, que se convocou para o día 25 do mesmo mes, luns.

Segundo os populares, resulta cando menos curioso que só se deixe un día para elaborar o informe técnico sobre as ofertas económicas dun proxecto de tanta envergadura económica, prácticamente 6,7 millóns de euros.

O GPPP lembra que en condicións normais, e en procedementos de adxudicación de contratos significativamente menores, ben de obras ou ben de servicios, o tempo que pasa entre unha mesa e a seguinte é sempre superior ós cinco días, incluido o fin de semana, que a Deputación no impuxo para o Innova-te.

Os populares din “non querer pensar que xa estivese todo claro e aclarado, e que só faltase a formalización das mesas para levar a cabo a adxudicación”.

Asemesmo, dende o GPPP, e sobre o acontecido na reunión da mesa do 21 de xaneiro, indican que “houbo de todo, menos normalidade”. Indican nestes senso que na apertura das oferta económicas e na lectura da valoración do informe técnico de adxudicación rexistráronse algunhas anomalías. Así, varias das empresas concursantes solicitaron acceso á totalidade do informe de Pricewaterhousecoopers e algunas delas plantexaron a posibilidade de presentar un recurso. Mesmo o representante do GPPP na Mesa fixo constar en acta a súa petición do indicado informe, preguntando cándo lle sería entregado.

A resposta da presidencia da mesa non deixa de evidenciar, en opinión dos populares, certo nerviosismo posto que limitáronse a contestar que “cando estean feitas as fotocopias”. A copia do mencionado informe foille remitido ó GPPP ó día seguiante, o pasado día 22 de xaneiro, a media mañá.

Exit mobile version