Gómez Besteiro destacou que “esta é a primeira vez que os nosos alumnos elaboran miniseries on line, un formato que calou en profundidade nos últimos anos entre o público. Por tanto, estamos formando a futuros profesionais que entenden a potencialidade do audiovisual e das novas tecnoloxías”. Neste senso, o Presidente provincial lembrou que “o principal obxectivo da Fundación é a inserción laboral dos nosos alumnos, e os traballos audiovisuais para internet supoñen un dos nichos de emprego con máis proxección”.
Proxecto integrado
As dúas miniseries, “Fugadedescerebrados” e “Cero veinte”, son o resultado do traballo conxunto de alumnos e profesores do módulo de proxecto integrado do 2º curso dos ciclos superiores de Realización e de Produción. Ambalas dúas foron rodadas integramente nas instalacións da Escola.
“Fugadedescerebrados”, no que que participaron 13 técnicos e 5 actores, conta a historia dun home que é ingresado nun hospital pisquiátrico e as relacións que establece co resto dos seus compañeiros, especialmente, con dous deles. Os trastornos, a paixón e a angustia mestúranse na vida dos tres persoaxes.
En canto a “Cero veinte”, amosa as relacións persoais e profesionais dos traballadores dunha emisora de radio. Céntrase especialmente nun programa de noite. Neste caso, a ficha técnica está formada por 15 alumnos e a artística por 5.
Colaboracións Fundación
Dende a Fundación tamén se apoia os primeiros pasos dos alumnos no mercado laboral coa colaboración, a través da súa participación, na rodaxe de películas como a curta “Triste soledad de un violinista”, que se realizou hai unhas semanas en Sarria ou do documental “Garbo, Hitler…e Araceli”. A Fundación tamén gravou integramente, coa participación de bolseiros da EIS, o vídeo musical “Torres de Compostela” da cantante do Incio Lucía Pérez que terá unha proxección internacional.