Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación inviste 591 mil euros na estrada de San Xurxo a Arroxo, en Lourenzá

LOURENZÁ .- A Deputación realiza obras de mellora na estrada 2802 que vai de San Xurxo a Arroxo, en Lourenzá, e na que o organismo provincial investiu 591.152 euros. A vicepresidenta segunda, Lara Méndez, visitou os traballos levados a cabo no vial e que afectaron a un treito de máis de 2 quilómetros

Nota de Prensa

A Deputación realiza obras de mellora na estrada de San Xurxo a Arroxo, en Lourenzá, por valor de 600.000 euros

– A Vicepresidenta Segunda supervisou os traballos levados a cabo no vial e que afectaron a um treito de máis de 2 quilómetros

– O organismo provincial acondicionou ademais a intersección coa estrada municipal existente, que non estaba prevista no proxecto adxudicado polo anterior goberno, a reposición dos accesos ás fincas, a sinalización e o aglomerado

– Lara Méndez subliña que “é una obra importante coa que melloramos a comunicación dos cidadáns, que representa uns custes a maiores, pero coa que contribuímos ó desenvolvemento do municipio”

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, supervisou este xoves os traballos de mellora que levou a cabo o organismo provincial na estrada 2802 que vai de San Xurxo a Arroxo, en Lourenzá, e na que o organismo provincial investiu 591.152 euros. Os traballos de ampliación e mellora do vial desenvolverónse dende o punto quilométrico 0,000 ó 2,100. Lara Méndez subliñou que “é unha obra moi importante coa que melloramos a comunicación dos cidadáns, que representa uns custes a maiores, pero coas que contribuímos ó desenvolvemento do municipio”.

As obras do vial quedaran desbloqueadas hai uns meses cando o Deputado de Infraestruturas, Manuel Martínez, recibira no seu despacho ó Alcalde deste Concello, Vidal Martinez Sierra. Naquela xuntanza, na que tamén participaron técnicos provinciais e locais, acordárase que a Deputación acondicionaría no lugar de Requeixo –parroquia de San Xurxo- a intersección coa estrada municipal existente, e que non estaba prevista no proxecto inicial.

Asimesmo, o organismo provincial, en resposta á demanda dos veciños da localidade, tamén procedeu á reposición dos accesos ás fincas de particulares, que se ven afectados por estes traballos e que xa percibiron a cantidade económica resultante do proceso legal de expropiación forzosa, coa instalación de tubaxes de formigón.

A Vicepresidenta Segunda puntualizou que “a Deputación está volcada coa Mariña. Estamos a facer un grande esforzo por mellorar a rede viaria desta zona da provincia. En total, estamos investindo máis de 6 millóns de euros en 11 Concellos. Agora todos os veciños deste municipio poderán circular sen ningún tipo de problema por este vial, que ademais queda cunha calidade extraordinaria”.

Estas obras, non contempladas no proxecto inicial, representan un custe adicional para a institución provincial de 185.000 euros. A estrada inclúese dentro do Plan de Obras e Servizos de 2007 e fora adxudicada polo anterior goberno da Deputación. “Este é un proxecto do PP perom como xa é costume, quedou inacabado. Por isso, tivemos que facer a maiores novas obras que teñen un custe a maiores de máis de 30 millóns de pesetas”.

“A seguridade, unha prioridade”

Lara Méndez aproveitou a visita a Lourenzá para supervisar o estado doutras vías provinciais, nas que o organismo provincial estuda a mellora da sinalización para garantir a seguridade dos viandantes. A Deputación contempla por primeira vez un proxecto, dotado de máis de 2 millóns de euros, para sinalizar toda a rede viaria provincial. Neste senso, visitou a estrada que une as localidades de Santo Romé e Santa María Alta, no treito que pasa xunto ó embalse que abastece de auga a Lourenzá.

“Estou sorprendida polas críticas do PP sobre a falta de seguridade. Concretamente, nesta estrada, que estaba proxectada en tres treitos polo anterior goberno, e que a última tivemos que acabar nós, tampouco se contemplaba a súa sinalización. En 24 anos, o Partido Popular nunca se preocupou pola seguridade dos veciños. Nós estamos levando a cabo por primeira vez a sinalización integral das vías, a través da que iremos colocando biondas segundo as prioridades. Ademais, quero lembrar que foi o actual equipo de goberno o que puxo en marcha un seguro que dá cobertura ós sinistros acontecidos nas estradas provinciais”.

Exit mobile version