Dentro deste amplo proxecto, vimos de presentar as marcas Lug02 e Lugo Sabe. Son os distintivos de garantía de calidade da Deputación para as empresas turísticas e produtos autóctonos das Reservas da Biosfera Terras do Miño, Eo-Oscos-Terras de Burón, Os Ancares, e da comarca do Courel, e ós que optan 900 establecementos de carácter rural e máis de 100 produtos autóctonos de 37 Concellos lucenses destas zonas luguesas.
Estamos convencidos que, coas nosas marcas, o turismo rual será un sector referente en España porque garante servizos e produtos de auténtica calidade, ó tempo que fomentan as boas prácticas medioambientais, e o acceso as novas tecnoloxías.
Deste xeito, Lug02 e Lugo Sabe, ademais de rexirse polas Normas de Calidade Turística –ICTE- que avalan servizos óptimos como accesos para persoas con discapacidade, material informativo en todos os idiomas, infraestruturas de calidade ou atención de persoal cualificado, van mais alá xa que impulsan a convervación do medio natural, a comercialización dos nosos produtos alimentícios, e a innovación.
Deste xeito, os establecementos turísticos como hoteis, balnearios, campamentos, casas rurais, pazos, restaurantes ou comércios que luzan o selo Lug02 aseguran á conexión a Internet, favorecen o emprego de fontes de enerxía renovables, a redución da xeración de residuos, do consumo da luz, água, e inclúe medidas encamiñadas á educación ambiental e á sensibilización co entorno natural.
Da mesma forma, tamén serán puntos de comercialización de produtos Lugo Sabe, de alimentos coa Denominación de Orixe, coa Indicación Xeográfica Protexida ou rexistrados no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia –CRAEGA-. Deste xeito, no caso dun restaurante ou dun hotel, encontraremos no menú o consumo destes produtos e mesmo lugares de venda.
Pola súa banda, as entidades Lugo Sabe ofrecen produtos autóctonos sometidos a rigorosas prácticas hixiénicas e de control en toda a cadena de fabricación: produción, envasado, envalaxe, almacenamento e distribución.
Unha ducia de establecementos que participaron nun proxecto piloto que levamos a cabo para pechar os requisitos das nosas marcas serán os primeiros en lucir os selos Lug02 e Lugo Sabe. Detrás deles, a partir do mes de maio, ata 1.000 empresas hosteleiras e turísticas que crean que, sen dúbida, o medio ambiente é a nosa oportunidade económica, poderán optar as nosas marcas de garantía de calidade.