Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación de Mar do Concello de Burela organiza un curso de socorrismo acuático

BURELA (FNC) .- O vindeiro venres 26 de marzo ás 20 horas terá lugar unha xuntanza cos interesados en facer o novo curso de socorrismo acuático que organizan o Concello de Burela e a Cruz Vermella. O encontro que terá lugar no salón de plenos pretende “concretar horarios ao gusto de todos e explicar o funcionamento do curso”, segunda apunta a concelleira de Mar.

Remedios López explica que o curso consta de tres módulos, “o primeiro é o de primeiros auxilios, ten unha duración de 20 horas e é imprescindible pasalo para facer o seguinte. O segundo módulo DESA será de 8 horas e servirá para saber utilizar o desfibrilador, é obrigatorio. E o terceiro módulo é o de socorrismo acuático, terá unha duración de 80 horas.Unha vez aprobados os outros dous, farase una proba de acceso para este módulo, esixindo uns coñecementos básicos de natación”.

O primeiro e terceiro módulo faranse pola Concellería de Mar que dirixe Remedios López o segundo módulo (DESA) será a través da Concellería de Formación de Sonia Fraga.

López Villar sinala que “o custe total destes cursos será de 260€ por persoa, o Concello subvenciona con 200€ aos empadroados en Burela. Os que xa teñan feito o curso de socorrismo doutros anos poderán facer de forma gratuíta o 2º módulo (DESA) que será obrigatorio para as probas de selección de persoal socorrista para praias”.

A concelleira de Mar manifesta que “un ano mais inténtase formar á poboación en mar e socorrismo, dándolles a oportunidade de traballar durante  catro meses estivais á nova mocidade. Nos plans de cooperación, polos que se intenta subvencionar estes postos, esíxese que sexan desempregados e non teñan mais de nove meses traballados acollidos a esta subvención, iso crea estar renovando continuamente o persoal e fomentando o emprego”.

Exit mobile version