Site icon Crónica3.com A Mariña

A corporación de Xove acordou en pleno a aprobación provisional do PXOM

XOVE .- Cos votos a favor dos grupos municipais do PP, AVEXO e PSOE e a abstención do BNG, a corporación de Xove acordou en pleno a aprobación provisional do PXOM “despois de máis de 10 anos de tramitacións e xestións”.

NOTA DE PRENSA

SESIÓN ordinaria Do PLENO  DE 15 DE MARZO de 2010.

1º) Aprobación dos borradores das actas de sesións anteriores de data  18 de xaneiro e 22 de febreiro de 2010.

Aprobado por unanimindade. Acórdase, de agora en diante, enviar as actas por email aos membros da Corporación.

2º) Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Xove. Aprobación Provisional. Adopción de acordo.

Tódolos grupos da Corporación (PP, AVEXO e PSOE), menos o BNG, estiveron de acordo en que a aprobación provisional do PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO, dado que, despois de máis de 10 anos de tramitacións e xestións, como oportunamente aportou o Arquitecto Municipal, se agora houbera que  modificalo, posiblemente o Concello tería que esperar varios anos máis para súa aprobación, o que suporía unha importantísima merma nas posibilidades de futuro do noso Concello.

Na última revisión que se fixo, recolléronse basicamente as 373 reclamacións realizadas polos veciños e afectados polo Plan. O BNG fala de que se deixou pouca Superficie de Protección Agraria e moita Protección Forestal; a isto, a maioría constestoulle que unha boa parte das alegacións veciñais foron neste sentido, dado que, algo que esta conceptuado como forestal pódese revertir a agrario, pero non ao revés. As reclamacións dos veciños e afectados foron maioritariamente neste sentido, optando por un modelo flexible que lles permita, nun determinado momento, pasar dunha superficie e un cultivo  forestal a  outro agrario.

Levada a cabo a votación, votaron a favor o PP, AVEXO e PSOE, absténdose o BNG.

3º) Expediente de modificación de créditos do orzamento municipal de 2010, Nº  3/2010 por importe de 90.500´00 €. Aprobación Inicial. Adopción de acordo.

Con este expediente de modificación de créditos, dende o Concello preténdese desenvolver as seguintes obras:

-Adquisición dunha finca en A Vara para posteriormente mellorar o cruce das estradas de titularidade provincial por motivos de seguridade vial.

-Obra de acondicionamento de viais en Agramonte, a incluir dentro do plan provincial de infraestructuras de concellos de menos de 5.000 habitantes.

-Obra de acondicionamento dunha área na Biblioteca Municipal de Xove para sala de lectura infantil.

-Por último, resulta necesario proceder ao arranxo da cuberta do Centro Social de Vilachá tras comprobar o deterioro da mesma.
Denominación           Consignac. Final
Finalidade
Urbanismo. Adquisición de terrenos           50.000,00
Adquisición dunha casa e finca en A vara (P. 23/10)
Vias públicas. Investimento de reposición           10.500,00
Acondicionamento viais en Agramonte (P. 24/10)
Carreteras. Investimento de reposición en infraestructuras           12.000,00
Mellora cruce carreteras en A Vara. (P. 25/10)
Bibliotecas e arquivos. Reparación de edificios           5.000,00
Sala de lectura infantil en biblioteca
Participación cidadá. Investimento en edificios           13.00,00
Arranxo da cuberta centro social Vilachá
90.500,00

Acrodouse, por Unanimidade, aprobar este expediente de modificación de créditos.

4º) Moción do BNG sobre a reforma do sistema de pensións. Adopción de acordo.

Aprobada cos votos a favor do BNG, PP e AVEXO, e a abstención do PSOE.

5º) Moción do BNG sobre a adhesión ao Manifesto Galicia ten dereito. Adopción de acordo.

Aprobada cos votos a favor do BNG, PP e AVEXO, e a abstención do PSOE.

6º) Moción do BNG sobre a gratuidade dos servizos de desinfección de vehículos de transporte de gando. Adopción de acordo.

Esta moción foi aprobada cos votos do BNG, PSOE e AVEXO. Pola súa banda, o equipo de goberno votou en contra dado que se trata dunha medida de aforro, que neste intre están seguindo a maioría das comunidades autónomas; neste caso, o Alcalde referiuse ao Concello de Santiago de Compostela, gobernado polo BNG e o PSOE, no que se está a aplicar o mesmo sistema que o da Xunta, polo que non se entende moi ben a moción. Ademáis a Xunta subvenciona o 40´5 % do custo deste servizo.

7º) Moción do BNG sobre o 8 de marzo Día Internacional das Mulleres. Adopción de acordo.

Esta moción foi moi criticada polo grupo de goberno, dado que non considera aceptable aproveitar o Día Internacional da Muller para  criticar á Xunta por este tema , cando do que se trata, e é o máis lóxico,  é de que neste Día tódolos grupos e colectivos se unan entorno á defensa dos dereitos da muller.

BNG e PSOE votaron a favor, o PP votou en contra e AVEXO abstívose.

8º) Moción do P.P. sobre o sistema de pensións. Adopción de acordo.

Nesta moción, o PP foi moi crítico, sobre todo polo recorte  das pensións que afectan a uns 115.000 galegos, xa que, inda que as pensións creceron un pouquiño, o aumento do IRFP fixo que realmente disminuiran, ousexa, que en teoría a xente cobra máis, pero na realidade leva menos cartos para casa.

Votaron a favor desta moción o PP e AVEXO, absténdose o BNG e o PSOE.

9º) Moción do P.P. sobre a adhesión ao Manifesto Galicia ten dereito. Adopción de acordo.

Aprobada cos votos a favor do BNG, PP e AVEXO, e a abstención do PSOE. Loxicamente, o mesmo resultado que no punto 5º.

10º)  Moción do P.P. de apoio ó recoñecemento oficial do Camiño do Mar como ruta de peregrinación xacobea. Adopción de acordo.

Nesta moción, o Alcalde resaltou os beneficios de todo tipo, especialmente turísticos, que o recoñecemento do Camiño do Mar tería para o noso e os restantes concellos da cornisa ata O Ferrol. Tódolos grupos estiveron de acordo, polo que foi aprobada por unanimidade esta moción.

11º) Designación de Xuiz de Paz substituto. Adopción de acordo

Foi nomeada como Xuiz de Paz substituo Dª María Dolores Suárez Oliver, acordo que se tomou por unanimidade.

12º)  Rogos e Preguntas.

Non houbo rogos nin preguntas.

Exit mobile version