Site icon Crónica3.com A Mariña

Economía e Industria convocou subvencións para a modernización de comercios de zonas rurais

CERVO .- A Consellería de Economía e Industria, no DOGA do venres, 12 de marzo, publicou as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais segundo informa a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cervo

Nota de Prensa

A ADL INFORMA AOS COMERCIANTES DAS LIÑAS DE AXUDAS PARA A MODERNIZACIÓN DOS SEUS ESTABLECEMENTOS

* O departamento municipal asesora e tramita estas subvencións autonómicas a tódolos retallistas do municipio

* As actuacións susceptibles de ser subvencionadas abranguen obras e ampliacións de locais comerciais, custo de adquisición de mobles, deseño e execución de campañas publicitarias, adquisición de vehículos comerciais e de toldos ou capotas no caso de vendedores ambulantes

* Os interesados en optar a estas subvencións teñen de prazo ata o 20 de abril para formalizar as súas solicitudes

Cervo, 18 de marzo de 2010.- A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cervo, da que é responsable a edil Yolanda Pedreira, vén de informar da publicación por parte da Consellería de Economía e Industria, no DOGA do venres, 12 de marzo, das bases reguladoras para a concesión de subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais de Galicia.

Desde a Axencia de Emprego local explican que os comercios retallistas sitos no Concello de Cervo, son considerados rurais e poderían acollerse a estas axudas.

As actuacións subvencionables abranguen obras e ampliacións de locais comerciais, custes de adquisición de mobles, deseño e execución de campañas publicitarias, adquisición de vehículos comerciais e de toldos ou capotas no caso de vendedores ambulantes. Estas axudas cobren ata o 50% do investimento total e son a fondo perdido

Con esta subvención,o plan RE-COMERCIA, pretende facilitar que a poboación que reside nas zonas rurais se beneficie do mantemento de niveis axeitados de actividade comercial no ámbito territorial, así como contribuír a súa renovación e modernización co obxectivo de mellorar a calidade dos servizos.

Na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Cervo, sita na Casa do Concello ofrecen o asesoramento axeitado e tramitan estas solicitudes. Tamén é posible obter máis información  no teléfono 982.55.77.77 ou na web do Concello (http://www.concellodecervo.com).

Exit mobile version