Site icon Crónica3.com A Mariña

A conselleira do Mar anunciou que en abril o Pesca II terá tripulación permanente e un tempo de resposta de 10 minutos

A MARIÑA .-A conselleira do Mar, Rosa Quintana, anunciou en Celeiro que a partires do 1 de abril o helicóptero Pesca II contar con tripulación permanentemente activa, así o tempo de resposta das dúas aeronaves da Xunta, o Pesca I e Pesca II, ante calquera emerxencia en toda a costa galega se reducirá a 10 minutos para activar calquera dos dous helicóptero.
Por outra banda, a conselleira do Mar clausurou as X Xornadas técnicas do ourizo, da XIX Festa do ourizo en San Cibrao.

REFERENCIA

A conselleira do Mar visitou a base do Servizo de Gardacostas de Celeiro
Rosa Quintana visita ás instalacións do Pesca II que contará con dobre tripulación a partir do 1 de abril

Este reforzo súmase ao do helicóptero Pesca I, con base en Vigo, que xa dispón de tripulación permanentemente operativa dende xuño

A Consellería do Mar garante así unha maior seguridade en todo litoral galego cun prazo de resposta de 10 minutos para activar as dúas aeronaves

Con esta iniciativa, Rosa Quintana dá cumprimento a unha das prioridades do seu departamento de reforzar o servizo de operatividade da tripulación
Volver Imprimir Enviar

Celeiro (Lugo), 6 de marzo de 2010.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, anunciou que a partires do 1 de abril comezará o novo servizo que permitirá ao helicóptero Pesca II contar con tripulación permanentemente activa “co fin de que estea operativo as 24 horas do día os 365 días do ano”. Rosa Quintana da así cumprimento a unha das prioridades do seu departamento de reforzar o servizo de operatividade dos helicópteros.

A conselleira explicou que con esta actuación o tempo de resposta das dúas aeronaves da Xunta (o Pesca I e Pesca II) ante calquera emerxencia en toda a costa galega se reducirá a 10 minutos para activar calquera dos dous helicópteros, xa que, segundo lembrou Rosa Quintana a base de Vigo conta con tripulación permanentemente de garda dende o mes de xuño. Estas medidas pretenden a optimización dos recursos materiais dos que dispón a Xunta e conseguir que as dúas aeronaves estean operativas as 24 horas do día para dar resposta inmediata ante calquera emerxencia en todo o litoral galego.

A titular de Mar declarou que era necesario reformular o servizo de rescate aéreo e darlle máis capacidade operativa dotándoo de máis recursos humanos e técnicos, xa que ata o de agora os tripulantes estaban na base durante a mañá e o resto do día tiñan que estar localizables, o que alargaba bastante os tempos de resposta. Por iso, unha vez ultimada a formación do persoal e asinado o contrato, o servizo aéreo de Gardacostas contará con 10 pilotos máis, ao pasar de 8 a 18. Ademais, segundo comentou a conselleira, tamén se ampliará o número de rescatadores, que pasará de 2 a 9. Quintana asegurou que o persoal conta cunha sólida formación marítima e con “horas de entrenamento” para desenvolver correctamente o seu traballo.

A conselleira visitou a base de Gardacostas e coñeceu as novas instalacións habilitadas no hangar do porto, destinadas aos tripulantes que estean de garda. Esta zona de estancia dos tripulantes consta de catro camarotes con aseos individuais, unha zona de vestiarios e unha cociña.

XIX Festa do ourizo
Por outra banda, a conselleira do Mar clausurou as X Xornadas técnicas do ourizo, en San Cibrao, no marco da festa de exaltación deste equinodermo, que se celebra dende hai 19 anos nesta vila. Durante a súa intervención Rosa Quintana destacou a tradición mariñeira da vila de San Cibrao e que “o espírito desta festa concorda co da Consellería do Mar na promoción do noso mar dos produtos pesqueiros, da economía mariñeira e mariscadora”. Dixo que o que se fai con esta celebración e as actividades que abarca é potenciar o consumo deste produto, os seus usos culinarios, o seu coñecemento e a integración da cadea mar-comercialización entre sector, hostalería e administración.

Exit mobile version