Nota de Prensa
Os populares reiteran que a Consellería do Mar multiplicou por dous o gasto diverso en 2009.
Para o PP, “em 2010 non hai presupostada ningunha aportación municipal para a Fundación EXPOMAR”.
O PP non acepta leccións de quen aproveitou o cargo de concelleira para optar a un posto de traballo público.
O PP de Burela reiterou hoxe que as manifestacións que efecturaron o pasado día un de Marzo, nas que indicaron que a concellería do Mar, que dirixe Remedios López, “comenzou o ano 2009 con dous millóns e medio de pesetas para gastos diversos, pero gastou máis do doble, exactamente cinco millóns oitenta mil pesetas, dos que tén pendiente de pago dous millóns novecentas dúas mil pesetas. Remedios López chegou a realizar actividades ‘gratis total para os veciños’, pero que supuñeron un custo relativamente importante para o concello”.
“E de aí non nos baixamos”, indica o PP. Os populares engaden que “todo o demais que poida decir a Sra. López sobre o que gastou é fume. Esta muller está adicada á propaganda, como se manifesta no anuncio de televisión sobre as xornadas da merluza, no que chega a aparecer ela mesma, non sabemos con que intencións”.
Ademais, o PP indica que paraadicada á propaganda, como se manifesta no anuncio de televisión sobre as xornadas da merluza, no que chega a aparecer ela mesma, non sabemos con que intencións”. o presente ano non hai nos presupostos do Concello ningunha previsión de aportación municipal para a Fundación EXPOMAR, cando resulta que o concello é o patrón fundador da Fundación. Esto denota o interese real que tén esta señora e por extensión o alcalde de cara a manter viva e activa a Fundación EXPOMAR.
Finalmente, os populares engaden que “non aceptamos ningunha lección moral dunha persoa que usou o seu cargo de concelleira para optar a un posto de traballo pagado con fondos públicos; lembramos que o presidente do tribunal de selección para ese posto de traballo foi o alcalde de Burela, na súa calidade de presidente do pacto comarcal polo emprego, o que demostra a doble moral desta muller que pensa que o concello é a súa empresa, e que, a pesares de ter un horario que cumplir no seu traballo, non é difícil vela por Burela polas mañáns, cando o seu posto de traballo está en Foz”.