Site icon Crónica3.com A Mariña

A comisión de urxencias médicas de Foz pide á xerente do Sergas que convoque a reunión acordada o ano pasado

FOZ .- A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública remitiu unha carta a xerente do SERGAS solicitándolle que cumpra o acordo da anterior reunión, na que se comprometeu a que, a finais do pasado ano ou a principios do actual, “nos volveríamos a xuntar” co fin de “avaliar un informe que vostedes elaborarían sobre as urxencias médicas na zona de influencia do PAC de Burela”. A comisión urxencias médicas de Foz explica que “nos non somos uns impacientes,levamos moitos anos con esta xusta demanda, nin somos uns irresponsables, nin intransixentes, nin tampouco persoeiros importantes. Pero somos persoas dignas, honradas, decentes e honestas. Merecedoras de respecto e de un trato xusto, e non e de recibo que se nos ignore e desprece de esta maneira”.

REFERENCIA

Foz a 02 de Marzo de 2010

Estimada Señora.

Como vostede ben sabe, o 09 de Setembro de 2009, representantes da Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública tivemos unha xuntanza con representantes da Consellería de Sanidade, encabezados por vostede, para falar sobre o servizo de urxencias médicas no Centro de Saúde do Concello de Foz.

A esta reunión tamén asistiu o diputado e secretario do parlamento de Galicia, o Sr Balseiro.

Como vostede tamén ben sabe nesa xuntanza acadamos un compromiso. O compromiso consiste en que no fin do ano, ou a principios do ano seguinte (2010), nos volveríamos a xuntar para avaliar un informe que vostedes elaborarían sobre as urxencias médicas na zona de influencia do PAC de Burela (usuarios do servizo, media diaria de usuarios, tempos de espera, usuarios do Concello de Foz, etc).

Pasados os meses de Decembro de 2009 e Xaneiro e Febreiro de 2010 sen ter recibido convocatoria para a reunión comprometida, por medio da presente, queremos recordarlle o incumprimento e solicitarlle que proceda a convocarnos para poder ter dita xuntanza.

Nos non somos uns impacientes (levamos moitos anos con esta xusta demanda), nin somos uns irresponsables, nin intransixentes, nin tampouco persoeiros importantes. Pero somos persoas dignas, honradas, decentes e honestas. Merecedoras de respecto e de un trato xusto, e non e de recibo que se nos ignore e desprece de esta maneira.

Así que solicitámoslle que nos convoque a xuntanza acordada.

Saudos cordiais.

Exit mobile version