Site icon Crónica3.com A Mariña

A Axencia de Desenvolvemento Local de Burela informa de subvencións para o comercio e os veciños

BURELA (FNC). O concelleiro de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, informa da publicación no día de onte da Orde do 05 de Marzo de 2010 pola que se regulan as subvencións do Plan Ágora da Xunta para a modernización do comercio. O edil nacionalista sinala que “estas axudas consistirán en síntese nunha subvención a fondo perdido de ata o 50% do investimento subvencionable establecéndose unha contía mínima para investimento de 1.500€ e máxima de 50.000€. O prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro 20 de abril”.

Desde a Delegación de Industria, Comercio e Turismo de Burela tamén lembran que “ven de publicarse por parte da Deputación Provincial de Lugo, a convocatoria de axudas dirixidas ás entidades asociativas, agrupacións e asociacións de veciños para a realización de obras e mellora de servizos de interese veciñal para o ano 2010. A contía de cada subvención individualmente concedida non poderá superar os 12.000€ . A data límite para a presentación de solicitudes conclúe o día 30 de Abril”.

José González Legazpi engade que “as persoas que se atopen interesadas en coñecer estas medidas poden informarse na propia Axencia de Desenvolvemento Local e Novas Tecnoloxías de forma persoal ou chamando aos teléfonos 982 58 10 93 ou 982 58 06 35 e tamén no Concello igual de forma persoal ou chamando ao 982 58 60 00, dentro dos prazos que se determinan nas reseñadas convocatorias”.

Exit mobile version