Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación folclórica e cultural A Subela de Foz dispón de paxina web

FOZ .- A asociación folclórica e cultural A Subela de Foz presenta o sábado a paxina web da asociación no salón de plenos do Concello. Previamente e celebra asemblea ordinaria na Casa do Mar, as sete da tarde

Nota de Prensa

A Subela celebra este sabado asamblea xeral de socios na Casa do Mar e a continuación presenta publicamente a súa páxina web (en formade Blog) no salón de plenos do Concello de Foz (as 20h.). A dirección da páxina web é http://www.blogoteca.com/asubelafoz/index.php?cat=9755
O blog aparece cunha foto do grupo coa Ría de Foz ao fondo e consta dun corpo central onde poden aparecer as señas de identidade da agrupación ou as novas que se van producindo: actuacións, convocatorias… Na marxe esquerda é onde se fai a selección destas dúas categorias. Tamén na marxe  esquerda hai un enlace que permite acceder á categoría de fotos históricas da agrupación. A maiores hai un buscador e un arquivo de actividades organizado por meses.
Finalmente hai un apartado de direccións para que se poida contactar con nós se se desexa e unha breve reseña dos obxectivos da nosa asociación.
Consideramos que con esta páxina A Subela da un paso importante na súa politica de proxección publica e ao mesmo tempo se dota dun instrumento de comunicación entre socios e simpatizantes da mesma. A Subela agradece a colaboración de todos aqueles que participaron na elaboración deste Blog, especialmente de Uxio Cerecedo, experto en informática.

CONVOCATORIA ASEMBLEA

Estimado soci@:
O vindeiro sábado 6 de marzo celebraremos a Asemblea Xeral Ordinaria ás
19:00h. en primeira convocatoria, e as 19:30h. en segunda convocatoria, no salón de
actos da Casa do Mar (1º piso do portal esquerdo).
ORDE DO DÍA
1º Lectura e aprobación se procede da Acta anterior.
2º Estado de contas: aprobación se procede.
3º Informe de xestión da Xunta Directiva: aprobación se procede.
4º Rogos e preguntas.
Pola importancia dos temas a tratar, rogase a vosa asistencia.
Sen outro particular, reciba un cordial saúdo
O PRESIDENTE da AFC A SUBELA
Xoán Moreda Pinto

Exit mobile version