Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación “Draco Animal” organiza un curso de terapia asistida con animais en Cervo

CERVO .- A asociación “Draco Animal” organiza a fin de semana un curso de terapia asistida con animais co fin de afondar no coñecemento das condutas animais e aproveitalas no tratamento de determinadas problemáticas de saúde, tanto física como e psicolóxica. A organización conta coa colaboración do Concello de Cervo.
dor desta actividade na que colabora o Concello

Nota de Prensa

A asociación ‘Draco Animal’ é o organizador desta actividade na que colabora o Concello

O CONCELLO DE CERVO ACOLLERÁ O VINDEIRO FIN DE SEMANA UN CURSO DE TERAPIA ASISTIDA CON ANIMAIS

* O seu obxectivo é afondar no coñecemento das condutas animais e aproveitalas no tratamento de determinadas problemáticas de saúde, tanto física como e psicolóxica

Cervo, 25 de marzo de 2010.- A localidade cervense de Rúa acollerá durante o vindeiro fin de semana un curso de terapia asistida con animais promovido pola asociación “Draco Animal” que será será impartido pola psicóloga Isabel Salama baixo colaboración da Universidade autónoma de Madrid e a Asociación Española de Terapias Asistidas con Animales y Naturaleza (Aetana).

O curso dará  comezo o sábado, día 27, e prolongarase ata o domingo 28. No transcurso destas dúas xornadas os participantes terán a oportunidade de afondar no coñecemento das condutas, instintos e pautas habituais dos animais que habitualmente temos máis de preto (cans, gatos, cabalos, etc…) a través de charlas, visionado de vídeos e prácticas con cans adestrados co obxecto de aproveitar eses comportamentos para o tratamento de determinadas problemáticas de saúde, tanto física como e psicolóxica.

O Concello de Cervo colabora coa organización deste curso poñendo a disposición dos participantes as instalacións das antigas escolas de Rúa, así como determinados medios materiais para o desenvolvemento deste curso.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, subliñou o compromiso do Goberno municipal por colaborar en todo tipo de actividades formativas que, como neste caso, afondan na investigación de métodos positivos para a saúde e na experimentación en clave de respecto cos animais.

Hai que lembrar que esta é a segunda vez que o Concello de Cervo colabora na organización dunha actividade destas características. En marzo do ano pasado Sargadelos acolleu unhas xornadas semellantes nas que participaron unha vintena de persoas e en outubro do 2009 tivo lugar tamén en Sargadelos un cursiño de iniciación ao adestramento de cans mediante a técnica denominada “clicker”.

Exit mobile version