Site icon Crónica3.com A Mariña

A Área de Cultura e Deportes da Deputación inviste en Xove máis de 34.000, asegura o BNG

Nota de Prensa

A Área de Cultura e Deportes da Deputación inviste en Xove máis de 34.000 €

O departamento provincial, dirixido polo nacionalista Antonio Veiga Outeiro, destina os cartos tanto a actividades organizadas directamente pola súa área, como a axudas directas ao Concello ou a diferentes colectivos culturais xovenses.

O responsábel local do BNG de Xove, Marco López, felicitouse polas subvencións destinadas polos nacionalistas para a promoción do deporte no Concello xovense, como as destinadas ao programa Ponte en forma (2.000 €) ou á reparación dos desperfectos causados en infraestruturas deportivas (5.800 €).

O Clube Baloncesto Xove recibirá 5.000 € pola súa participación na Liga Autonómica Sénior, a U.D. Xove-Lago cobrará 4.000 € destinados á tempada de fútbol 2009-2010 e as escolas deportivas da ACD Xove levarán 7.000 € para as súas extensas actividades na importante promoción do deporte base e o lecer dos adultos.

Desde o BNG de Xove quixeron salientar que o Concello non solicitou axuda ningunha nos apartados de Equipamentos, Eventos e Investimentos Deportivos; polo que en todos estes eidos non se poderán beneficiar as asociacións deportivas de Xove. “Non sabemos se isto foi un erro involuntario ou un mal asesoramento”, advertiu Marco López.

No terreo da cultura, Xove percibe este ano 10.340,83 € que veñen financiar distintos acontecementos. Á “V Foliada da Mariña”, organizada pola Asociación Cultural Saíñas, adxudicáronselle 3.500 € do total. O noso goberno municipal tampouco quixo pedir diñeiro no apartado de Axuda Anual ou no referente ás subvencións de Equipamentos destinados a colectivos veciñais, a entidades culturais ou aos bens materiais do propio Concello.

Marco López manifestou que estas axudas corresponden ás solicitudes formalizadas no 2009 e ofreceuse ás entidades culturais e deportivas da localidade para resolver calquera dúbida que puidera xurdir e, incluso, para o asesoramento na solicitude de futuras subvencións dependentes do ente provincial.

Exit mobile version