RIBADEO (FNC) .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en febreiro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas novas tecnoloxías en Ribadeo. No mes que remata impartiu un total de 4 obradoiros a través dos que se formou a 24 persoas.
Os catro obradoiros impartidos este mes foron adicados á Creación dunha conta de correo electrónico en dóus turnos, mañán de 11 a 12 e tarde de 19 a 20 horas. Os outros talleres realizados foron: Xestión de calendarios, Saúde en internet ou Procesador de textos writer, o que pon de manifesto a grande diversidade formativa que oferta a Rede.
Asemade, 12 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que ésta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 570 ocasións. Desde que a Rede botara a andar en Ribadeo en febreiro de 2007, foron xa 1053 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 106 obradoiros nos que se formou a 717 participantes e conta actualmente con 12.262 visitas.