Site icon Crónica3.com A Mariña

Xustifícase o PP dicindo que o anterior goberno non destinara cartos para o centro de día de Foz

NOTA DE PRENSA
Unha vez máis a xestión dos nacionalistas en evidencia
A XUNTA CONFIRMA EN RESPOSTA OFICIAL QUE A VICEPRESIDENCIA DO BENESTAR TAMPOUCO DESTINOU UN SÓ EURO PARA A CREACIÓN DUN CENTRO DE DÍA-RESIDENCIA EN FOZ

* O Goberno galego confirma por escrito que os anteriores xestores da Xunta, na pasada lexislatura, “non realizaron ningunha relacionada” coa construción desta nova infraestrutura.

* No expediente tan só consta a cesión dun terreo por parte do concello a dous meses das eleccións autonómicas (23 febreiro de 2009) cuxa viabilidade para albergar o futuro centro non foi confirmada polo equipo técnico do departamento autonómico nacionalista.

A Mariña lucense, 14 de febreiro de 2010.- Unha vez máis a xestión do BNG despois da súa responsabilidade de goberno na anterior Xunta bipartita queda en evidencia xa que a administración autonómica confirmou en resposta oficial que a Vicepresidencia do Benestar –en mans dos nacionalistas- tampouco destinou un só euro á creación dun centro de día-residencia en Foz, pese a telo comprometido.

O Goberno galego corrobora en resposta escrita a unha iniciativa do deputado popular Jose Manuel Balseiro que os anteriores xestores da Xunta durante a pasada lexislatura “non realizaron ningunha xestión dirixida a este obxecto”, dirixida á construción desta nova infraestrutura de benestar, nin tampouco previron partida orzamentaria algunha.

Incluso a única actuación que consta nos expedientes da Xunta é a cesión por parte do Concello de Foz, dous meses antes da celebración das eleccións autonómicas –con data 23 de febreiro de 2009- a cesión dun terreo de titularidade municipal de 4.000 metros cadrados para a construción deste centro residencial pero respecto do cal, en todo caso, a unidade técnica da Vicepresidencia nin tan sequera corroborou a súa viabilidade e adecuación as características necesarias para albergar este tipo de instalacións.

RIDÍCULO POLÍTICO

Unha vez máis as promesas e a credibilidade dos nacionalistas “queda rota e deixan entrever o engano que pretenderon levar adiante aos veciños deste concello”. De xeito especial a resposta oficial da Xunta “deixa en un moi mal lugar” ao voceiro dos nacionalistas en Foz, Xoan Carlos González Basanta, quen fai o máis estrepitoso dos “ridículos políticos” intentando presentar como proxectos impulsados polo BNG varias actuacións que os seus compañeiros desde a Xunta bipartita nin tan sequera presupostaron.

Jose Manuel Balseiro Orol insiste en lembrar que mentres que o Partido Popular ten unha lexilatura por diante na que cumprir as promesas electorais comprometidas cos veciños deste concello e co resto da Mariña lucense, nacionalistas e socialistas xa demostraron desde a responsabilidade de goberno que non son foron incapaces de levar adiante unha residencia con centro de día, unha escola infantil ou o propio PAC, senón que incluso, afirmaron que o estaban a facer faltando claramente á verdade, á luz dos datos que obran nos expedientes oficiais da Xunta de Galicia.

Exit mobile version