Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuntanza do alcalde de Ribadeo con Patrimonio para analizar o PXOM

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asiste en Santiago a unha nova xuntanza na Dirección Xeral de Patrimonio sobre o PXOM. O rexedor foi convidado ao encontro no que participan técnicos de Patrimonio, do Concello e da empresa redactora do plan. Segundo Fernando Suárez “trátase dunha nova xuntanza de traballo que se enmarca dentro da normalidade e dentro do calendario de traballo fixado por Patrimonio. Seguimos a facer xestións desde Ribadeo para que o plan avance”.

Exit mobile version