XOVE .- O Concello de Xove, ven de por en marcha o Programa “Xuventude primavera 2010”, dirixido fundamentalmente aos xoves do noso Concello con actividade diversas.
Nota de Prensa
EN MARCHA O PROGRAMA “XUVENTUDE PRIMAVERA 2010”
O Concello de Xove, a través da Concellería de Xuventude/Servizos Sociais que dirixe a Concelleira Ana Abad, ven de por en marcha o Programa “XUVENTUDE PRIMAVERA 2010”, dirixido fundamentalmente aos xoves do noso Concello. As actividades englobadas dentro deste Programa, son:
CURSOS DE INFORMÁTICA
-Curso de Office: dirixido a persoas maiores de 18 anos. Vaise desenvolver do 1 de marzo ao 31 de maio.
-Curso de PhotoShop: dirixido a rapaces/as de 12 a 18 anos, terá lugar do 19 de abril ao 31 de maio.
OBRADOIRO DE HIP-HOP
-Obradoiro de Hip-Hop: dirixido a rapaces/as maiores de 8 anos, desenvolverase durante os meses de marzo e abril.
TORNEO DE FUTBOLÍN
-Torneo de Futbolín: Vaise celebrar o 31 de marzo na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
VIAXE EN SEMANA SANTA
-Viaxe a Panxón (Nigrán-Pontevedra): Para xoves de 18 a 35 anos; os/as que se apunten poderán disfrutar dunha estancia na Residencia de Tempo Libre de Panxón do 2 ao 4 de abril. Para esta viaxe as prazas son limitadas.
PROXECTO ENCONTROS
-Proxecto Encontros: vaise desenvolver en colaboración co IES “Illa de Sarón”. As datas de impartición serán comunicadas ao alumnado dos cursos de 1º, 2º, 3º de 4º da ESO polo propio profesorado do Centro.
Para poder participar nestas actividades, O PERÍODO DE INSCRICIÓN vai ser do 15 ao 26 de febreiro na OMIX, en horario de 10:00 a 14:00 pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde.