Site icon Crónica3.com A Mariña

Unhas trinta asesorías, xestorías e consultorías difundiran o Programa Leader 2077-2013

A MARIÑA .- Unhas trinta empresas do sector da asesoría, xestoría e consultoría de A Mariña asinarán un protocolo co GDR nun acto público que foi convocado para o martes, día 2 de Marzo, ás sete da tarde na Casa da Xuventude en Mondoñedo.

NOTA DE PRENSA

O VINDEIRO MARTES, 2 DE MARZO, TERÁ LUGAR O ACTO DE SINATURA DE PROTOCOLOS ENTRE O GDR E AS EMPRESAS DE ASESORÍA, XESTORÍA E CONSULTORÍA DA MARIÑA.

Ao redor de trinta empresas do sector asinarán este protocolo nun acto público que foi convocado para o martes, 2 de Marzo, ás 19:30 horas na Casa da Xuventude en Mondoñedo.

Despois do primeiro contacto mantido desde o GDR coas empresas na xuntanza convocada por este o pasado 9 de Febreiro, na que se propuxo a sinatura dun protocolo de colaboración na difusión do Programa Leader 2077-2013, o interese suscitado foi en aumento.

Se nun primeiro momento acudiron á cita en torno a unha quincena de representantes das empresas, a día de hoxe esa cifra duplícase e na oficina do Grupo de Desenvolvemento Rural seguen recibindo solicitudes de información e adhesión ao Protocolo de diferentes empresas da comarca.

Por medio da sinatura deste Protocolo, o GDR adquire o compromiso de poñer a disposición dos particulares interesados no Programa información sobre as empresas asinantes do Protocolo, na medida en que presten os servizos de consultoría ao respecto. Igualmente brinda o seu equipo técnico para a asistencia dos profesionais na  elaboración dos distintos proxectos. En canto á cláusula referente ás empresas, estas comprométense a divulgar entre a súa clientela a existencia e as diferentes liñas de axuda do Programa Leader.

A día de hoxe, segue a ser posible adherirse ao Protocolo de colaboración e pode facerse poñéndose en contacto co persoal do GDR nos teléfonos 982.50.71.11 ou 648.92.13.10 ou persoalmente nas oficinas sitas na Casa da Cultura de Mondoñedo.

Exit mobile version