Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha delegación do Concello de Ribadeo viaxará a Santiago para analizar o impacto do POL

RIBADEO (FNC) .- Unha delegación do Concello viaxará o vindeiro 5 de marzo a Santiago para manter un encontro co director xeral de Conservación e Sostibilidade Paisaxística, Manuel Borobio, co fin de analizar o impacto que o Plan de Ordenación do Litoral ten sobre Ribadeo e sobre o seu plan xeral.

O alcalde explica que “na mañá de hoxe e en conversa afable e con boa sintonía en canto a buscar colaboracións Manuel Borobio e máis eu quedamos en que a vindeira semana, en principio o venres, unha delegación formada por un membro de cada grupo político da Corporación, ademais dos técnicos municipais e de Eptisa (a empresa redactora do PXOM), se desprazará a Santiago para analizar o impacto destas directrices do POL que afecta ao noso plan xeral”.

Fernando Suárez suliña que “tal e como se plantexou desde o goberno galego hai uns días entendo que incide de maneira desproporcionada nalgúns aspectos e sobre todo non ten en conta os avances incluídos na aprobación inicial do PXOM que o pleno da Corporación acordou por unanimidade. Queremos falar, dialogar e indicarlles que Concellos como o noso, que ten vocación e que ten interés en aprobar un plan xeral e que ten un aprobado inicialmente, que se debe partir desta base. Él viuno de xeito positivo e esperemos que poidamos resolver as dúbidas que agora están planeando enriba da ordenación urbanística de Ribadeo”.

Exit mobile version