Site icon Crónica3.com A Mariña

Tirar o Rivera Casás é un disparate é un despilfarro intolerable nos tempos actuais, afirma o PSOE de Cervo

Nota de Prensa

TIRAR O RIVERA CASÁS É UN AUTÉNTICO DISPARATE É UN DESPILFARRO INTOLERABLE NOS TEMPOS ACTUAIS
O PP DE CERVO VOLVE A DIVIDIR AOS VECIÑOS COA PROPOSTA DE DERRIBO DAS INSTALACIONS DO COLEXIO NO QUE SE FORMARON VARIAS XERACIÓNS

CERVO, 12 DE FEBREIRO. Pandilla de manirrotos, sen escrúpulos e cobardes. Parécenos a mellor definición do PP de Cervo. Estes señores que se dicen gobernantes pasarán á historia por ser uns auténticos incompetentes; a pesar de recibir cantidades inxentes de diñeiro en miles de licencias de obra, en asiñar un convenio millonario e de ter entre mans un dos concellos con mais potencial paisaxistico, cultural, social e turístico da Mariña, son incapaces de conseguir o despegue do Concello e o mais grave, o que están a xerar é unha auténtica desbandada dos nosos xóvenes que prefiren irse a concellos veciños onde os servizos, xunto co pobo, van medrando. En Cervo, tristemente, as prioridades do equipo de goberno parece que pasan por derribar o Rivera Casás, eliminndo servizos, en lugar de crealos ou mantelos.

Triste prioridad

A pesar de todos os problemas que acechan a Cervo, o equipo de goberno mais incompetente da historia, parece que ten unha soa prioridade, que á vez é moi triste: o derribo do colexio que formou durante décadas a varias xeracións e que aínda a pesar do acoso ao que foron sometidas as súas instalacións por parte do PP de Cervo, mantense erguido no corazón do pobo.

Garderia Municipal

No caso de que o PP de Cervo levara adiante o derribo do colexio, non so se perderá  o servizo que o CEIP viña realizando, senon que ademais se perderá unha oportunidade de ouro para contar cunha garderia municipal na vila, posto que o parvulario do centro conta con unha ubicación e instalacións extraordinarias para albergar este tipo de infraestructura tan demandada a día de hoxe.

Crispación e despilfarro

O mais lamentable de todo, é que ista decisión xa está provocando novamente crispación entre os veciños e discusións ante o feito do despilfarro que supón (o pague quen o pague) o derrube de edificios públicos e a posterior construcción dunha praza. Así mesmo, moitas persoas dudan do uso da futura superficie posto que a maioria dos meses, o tempo impide disfrutar de este tipo de espazos que teñen mellor acollida en outras latitudes.

O PP de Cervo, de novo, coma unha manada de Ñus, disposto a perxudicar a todo un pobo, con tal de beneficiar ao partido.

O GMS coma sempre, vai defender ata o final e con todas as consecuencias a permanencia das instalacións para poñelas ao servizo dos veciños.

Exit mobile version