XOVE .- Nunha vivenda rural da Parroquia de Morás, tivo lugar a primeira actividade neste ano do Proxecto “Encontros”, adicada neste caso a “TAREFAS DO RURAL”. Consisteu este actividade en: aprender a facer o lume nunha lareira, refregar millo, facer inxertos de árbores e flores e elaboración de paxes).
Nesta primeira actividade participaron 8 alumnos/as do IES Illa de Sarón e 9 persoas da Escola de Maiores de Xove.
O proxecto “Encontros”, que xa se desenvolveu o pasado ano con moito éxito, ten como obxectivos xenéricos a igualdade entre homes e mulleres a corresponsabilidade nas tarefas domésticas e rurais, e a educación en valores de respecto.
O Proxecto “Encontros” está organizado pola Unidade de Educación Familiar e o Departamento de Igualdade do Concello de Xove en colaboración co IES Illa de Sarón.