Tamén di que hai deputados autonómicos afincados en Santiago a quen, á parte do seu soldo, páganlles un plus de quilometraxe, de máis de 1.000 euros mensuais, coma se vivisen nas montañas do Courel. Tamén os hai que comparten coche e cobran o desprazamento por separado ou, ata, algún que non ten carné e percibe o extra como o que conduce a diario.
Respecto a esta noticia quero facer os seguintes comentarios:
* Non me sorprende que haxa deputados que cobren gastos que non lles corresponden. O Parlamento é un reflexo da sociedade na que vivimos. Unha sociedade na que podemos encontrar persoas que defraudan a facenda pública e a seguridade social, que manexan cartos negros, que traballan sen contratos ou estando no paro, e moitas mais irregularidades.
* O que me estraña e que o propio Parlamento de Galicia non abra unha investigación, depure as responsabilidades a que haxa lugar, e tramite as correspondentes denuncias aos deputados que cometesen irregularidades, mesmo pedindo a súa destitución. O Parlamento de Galicia non pode esquecer que manexa cartos públicos, cartos de todos os Galegos, e que as persoas que cobran cartos que non lles corresponde están delinquindo.
* Tamén me sorprende que está noticia pase practicamente desapercibida, entre as demais do periódico, sen producir unha reacción airada dos cidadáns. Penso que unha noticia así non pode quedar como unha simple nota aparecida un día nun periódico, sen que se produza ningunha outra consecuencia.
Eu penso que non poderemos dicir que disfrutamos dunha autentica democracia hasta que aquelas persoas que enganan e defraudan o erario público paguen as súas consecuencias. Por moi importantes que sexan, ou o sexan os cargos que ocupan.