Site icon Crónica3.com A Mariña

Sobre a edade de xubilación

O pasado venres almorcei coa noticia de que o goberno quería aumentar a edade de xubilación os sesenta e sete anos, que era portada do xornal.

Mais tarde, o mesmo día, os medios de comunicación dan a noticia de que no noso pais temos mais de catro millóns trescentos mil parados.

Parece bastante incongruente que mentres aumenta o paro, e os xoves desesperan na procura de un traballo, se pretenda aumentar a edade de xubilación.

Xa o sábado, escoito nos informativos a membros do goberno, José Blanco, Elena Espinosa e o propio José Luís Rodríguez Zapatero, tratar de xustificar a suba da edade de xubilación como un exercicio de responsabilidade. José Blanco chega a dicir que debemos de garantir as futuras pensións dos fillos dos actuais traballadores.

Eu non creo que sexa necesario tomar esta medida si se fixese unha xestión axeitada das apartacións dos traballadores. Pero e mais, non creo que esta medida sexa suficiente para resolver o posible problema das futuras pensións, si non se toma xunto con outras medidas moito mais necesarias.

E respecto a proposta de aumentar a edade de xubilación eu quero facerlle o goberno as seguintes consideracións:

Os dereitos dos que disfrutamos os traballadores, como poden ser a xornada de oito horas, a xubilación os 65 anos, dereito de folga, protección social, etc, non no los concedeu Deus, nin os empresarios, nin tampouco ningún goberno de ningún pais. Conseguíronse tras moitas xornadas de loita de moitos traballadores o longo de moitos anos.

Xornadas de loita en procura de mellores condicións laborais dende fai moitos anos. E que incluso costaron a vida a moitos traballadores, como lles ocorreu os mártires de Chicago en 1986, tras as manifestacións e folgas nas que reclamaban a xornada de oito horas. Estes sucesos deron lugar mais tarde o establecemento do 1º de Maio como dia mundial do traballo.

O longo do seculo XX as condicións dos traballadores foron mellorando, aínda que moi pouco a pouco, con leis que lles recoñecían dereitos de respecto, retribucións, amparo social, etc,

Dereitos que nas últimas datas están retrocedendo debido as actuais políticas neoliberais.

Non se pode pretender subir a edade de xubilación recortándolle dereito os traballadores deste pais, e seguir mantendo o despilfarro na seguridade social. Despilfarro malgastando os cartos de todos, pagando a xubilados por enfermidade que poden desenrolar outros traballos, gastando cartos con persoas que non aportaron nada como poden ser os inmigrantes ilegais, permitindo as empresas con beneficios eres e xubilacións anticipadas cando se lles presenta o menor contratempo despois de anos e anos de beneficios, etc.

Un goberno de esquerdas, un goberno socialista, non pode practicar unha política de recortes dos dereitos dos traballadores e seguir permitindo os bancos os beneficios millonarios mentres afogan as empresas cerrándolles o grifo do crédito.

Un goberno de esquerdas non pode pretender que os traballadores de hoxe teñamos que sacrificarnos para garantir a xubilación dos nosos fillos como dixo Pepe Blanco. Non poden pretender que os traballadores de hoxe teñamos que aportar para os que están xubilados actualmente, para a nosa propia xubilación e tamén para a xubilación dos nosos fillos.
A xubilación dos nosos fillos terán que procurala eles co seu propio traballo. E xa non lles pedimos que aporten para a nosa xubilación como estamos a facer nosoutros cos xubilacións non contributivas.

O goberno o que ten que facer e procurar crear as condicións necesarias para crear emprego. Temos mais de catro millons de parados e eso e insoportable para o pais. O goberno ten que facer o necesario para crear emprego e loitar con toda a sua forza contra o paro, e así os nosos fillos poderan traballar, cotizar e o día de maña ter asegurada a sua propia xubilación.

Por último dicirlle o goberno que espabile, que somos o último pais desenrolado en saír da crise, que estamos a bater o record de parados e que a situación dos cidadáns en moitos casos e preocupante. Recordarlle que si están no goberno e porque moitos traballadores deste pais lles demos a nosa confianza, que non vamos permitir que recorten os nosos dereitos e que igual que lles demos a nosa confianza lle la podemos quitar.

O Fareiro de Foz

Exit mobile version