Site icon Crónica3.com A Mariña

Sen grandes sorpresas celebrouse a tirada de bolos de A Vara, en Xove e o sábado será en Vilachá

Ginés Rodríguez non gañou en Vilachá

XOVE .- Sen grandes sorpresas celebrouse a tirada de bolos de A Vara na con 32 xogadores e xogadoras inscritos, salvo na categoría Sub 18 na que non gañou o lider, José Vigo, en Senior resultou vencedro o primeiro clasificado da xeral,Ginés Rodríguez, e en Feminina, Carmen Roca e Dolores Baño continúan ao seo.

Nota de Prensa

INCIDENCIAS DA 14 TIRADA

CENTRO SOCIAL DE A VARA

(SÁBADO, 20 DE FEBREIRO DE 2010)

-32 inscritos, 18 na Liga Senior, 4 na Liga Sub 18 e 10 na Liga Feminina.

Tarde un pouco fría e campo en perfecto estado.

Liga Senior.-  Victoria do líder Ginés Rodríguez o que lle permite ampliar a súa vantaxe a 11 puntos sobre o segundo clasificado José Rafael González. A verdade é que a victoria de Ginés foi contundente, sen paliativos, cunha gran diferenza sobre os seguintes clasificados.  Nótase que cada vez os xogadores ven máis cercano o final, xa que os cinco primeiros da clasificación conseguiron os cinco primeiros postos desta Tirada de A Vara, inda que loxicamente en distinto orde. A falta de catro  tiradas, está moi claro que só Ginés e Rafa van a loitar polos dous primeiros postos da clasificación.  Para o terceiro posto temos tres xogadores claramente posicionados: César Cancelos con 71 puntos, Moisés Rodríguez con 67 e Carlos Javier Rodríguez con 61. Voume referir precisamente a este último, Carlos Javier Rodríguez, quen leva conseguidos nesta segunda volta dende a tirada do Centro Social de Lago a friolera de 47 puntos, o que lle permite loitar, tal como dixemos, polo terceiro posto da clasificación final.

Liga Sub 18.- Inda que non gañou, o líder Jose Vigo  amplía a súa vantaxe sobre o segundo Cristian Rodríguez, quedando con 66 e 51 puntos respectivamente, o que fai que Jose Vigo teñe moito máis cerca o trunfo final a falla de catro tiradas. Pola súa banda, Cristian Rodríguez, que está xogando lesionado, ten que ter cuidado cos que veñen detrais, xa que Óscar Rodríguez está a 7 puntos e  Andrés Rodríguez a 11. Queda polo tanto, inda moito por decidir de aquí ao final.

Liga Feminina.- Carmen Roca e Dolores Baño continúan ao seo, que é, semana a semana, copar as dúas primeiras posicións, con victoria novamente para Carmen Roca, o que lle permite ampliar a nove puntos a súa vantaxe sobre Dolores.

A vindeira tirada (a XVª) terá lugar  o vindeiro sábado 27 de febrero no Centro Social de Vilachá. Temos que decir tamén que debido a que o sábado 20 de marzo se vai a celebrar o Campionato Galego de Bolos en Nigrán (Pontevedra)  e que tódolos clasificados da Provincia de Lugo, menos un, para este Campionato son da Liga de Bolos de Xove, tivemos que cambiar o calendario de tiradas, polo que as catro tiradas restantes que quedan, serán:

-Sábado 27 de febrero.- Centro Social de Vilachá.

-Sábado 6 de marzo.- Centro Social de Morás.

-Domingo 7 de marzo.- Centro Social de O Cruceiro (tirada aprazada do 6 de febrero).

-Sábado 13 de marzo.- Centro Social de Sumoas. Remate da XXI Temporada de Bolos, con entrega de Premios e Trofeos.

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE A VARA (20 FEBREIRO 2010) ====  32  INSCRITOS:  18   NA LIGA SENIOR,   4   NA LIGA SUB 18  E     10  NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 172 12
SEGUNDO CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 139 10
TERCEIRO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ RODRÁIGUEZ 135 8
CUARTO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 133 7
QUINTO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 130 6
SEXTO FÉLIX MÉNDEZ GALDO 128 5
SÉTIMO LUIS RANCAÑO BOUSO 127 4
OITAVO MODESTO ALBO VIDAL 127 3
NOVENO JOSÉ  ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO 122 2
DÉCIMO ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVBAREZ 120 1
MELLOR BOLADA LUIS RANCAÑO BOUSO 68 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO ÓSCAR PÉREZ MEITIÍN 145 6
SEGUNDO JOSE VIGO LAGE 133 4
TERCEIRO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 125 3
CUARTO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO 66 2
QUINTO CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑO 58 1
MELLOR BOLADA JOSE VIGO LAGE 68 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL 82 6
SEGUNDO DOLORES BAÑO FRAGA 79 4
TERCEIRO CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑO 58 3
CUARTO LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ 48 2
QUINTO SALOMÉ  BERMÚDEZ BEN 45 1
Exit mobile version