Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo destinará os cartos da venda dun camión vello á compra de novos carros para os barrendeiros

RIBADEO (FNC) .- O Concello destinará os cartos que obteña da venda dun vello camión adscrito ao servizo de recollida do lixo á compra de novos carros para os barrendeiros. O edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, sinala que “os que temos agora están nun estado deplorable e queremos ir mellorando pouco a pouco o servizo de limpeza viaria”.

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publica hoxe a resolución do Concello de Ribadeo pola que se anuncia o procedemento aberto para a enaxenación como ben non utilizable dese camión do lixo, marca Pegaso matriculado no ano 1989. O prezo mínimo que se establece na oferta é de 1.300 euros. Os interesados poden presentalas súas no Concello de Ribadeo durante dez días naturais, desde o seguinte (é dicir desde mañá) á publicación deste anuncio no BOP.

Exit mobile version