Site icon Crónica3.com A Mariña

Resposta a Consellería de Sanidade a unha pregunta do PP sobre a continuidade da área sanitaria da Mariña lucense

Nota de Prensa

Resposta recente da Consellería de Sanidade a unha pregunta  do deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol na que unha vez máis o departamento que dirixe a popular  Pilar Farjas garante a continuidade da área sanitaria da Mariña  lucense, así como o reforzo dos seus servizos e autonomía.

<< Ratificamos unha vez máis, que en ningún momento dixemos, nin tivemos pensando modificar o mapa sanitario, e, polo tanto quen asegura que este goberno quere suprimir a área Sanitaria da Mariña lucense minte intencionadamente.

O Hospital de Burela non só será a referencia sanitaria da Mariña, senón que será reforzado tanto en servizos coma en especialización e autonomía.

Será un hospital mellor e máis completo do que é hoxe. Investiremos nel porque creemos no Hospital de Burela. Porque foi un goberno do Partido Popular que creou o Hospital de Burela e será un goberno do Partido Popular quen  reforce o Hospital de Burela.

Hoxe hai un goberno que garante a área sanitaria da Mariña e este goberno vai apostar pola súa viabilidade e sostenibilidade, a continuidade asistencial entre AP * , AE *, Urxencias e socio-sanitario, imos potenciar os servizos dos hospitais e da AP * da Mariña.

Na actualidade no hospital da Costa xa se están a preparar dúas obras para potenciar este centro, cun investimento que supera o millón de euros.

A primeira das obras abrangue a área de hospitalización de obstetrícia e a remodelación de paritorios, e a segunda refírese ao cambio que cómpre facer na cuberta de fibrocemento e na rampla de acceso. Da primeira das actuacións xá está elaborando o proxecto arquitectónico e adxudicada a obras, e no segundo caso, estase a elaborar o proxecto.

En definitiva, reitérase non só a permanencia da área sanitaria de Burela, senón, tamén, o compromiso de reforzar o papel do Hospital da Costa, co fin de mellorar a súa capacidade de xestión e a súa carteira de servizos>>

** Aclaración: Coas sigas AP e AE se están a referir a Asistencia Primaria (Centros de Saúde) e Asistencia Especializada (Hospital e Puntos de Atención Continuada) que a Xunta pretende integrar baixo un mismo órgano de xestión: o xestor de área integrada. A día de hoxe os xerentes de atención primaria e especializada son distintos.

Exit mobile version