RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo fixo público un bando para informar do ordenamento do tráfico nas rúas de Ribadeo debido a diferentes obras que van comenzar:
BANDO
O ALCALDE RIBADEO FAI SABER:
Que a partires do día 10 de febreiro van comezar as obras de “Acondicionamento da Rúa Deputación”.O treito da obra abrangue a desde o cruce da Rúa San Francisco até o cruce da Rúa Ramón González. Dacordo cos servizos municipais técnicos de trafico así como da propia empresa adxudicataria, a execución destas obras realizarase en dúas fases:
Na primeira fase vaise actuar no treito San Francisco –Reinante.Para este caso , o tráfico rodado da Rúa Reinante circularán só residentes e usuarios do Centro de Saúde e terá sentido de saída obrigatorio cara a dereita , é dicir cara a Rúa San Lázaro.
Na segunda fase da obra actuarase no treito Rúa Reinante até Rúa Ramón González. Neste momento, voltará á normalidade a circulación polo treito da Rúa Reinante con saída obrigatoria cara a esquerda, é dicir cara a Rúa San Francisco.
Pregase consideración e que a circulación se faga dacordo co enriba mencionado. As obras realizaranse coa maior brevidade e ocasionando as menores molestias posibles.
CARTA DO ALCALDE AOS VECIÑOS AFECTADOS:
Estimado/a Veciño/a:
Diríxome a vostede para informalo/a do próximo comezo, a partires do día 10 de febreiro, das obras de “Acondicionamento da Rúa Deputación”.
Con máis de 350.000 euros de orzamento financiados pola Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo, as obras a realizar permitirán dotar dun novo pavimento a esta rúa. Aproveitaremos tamén para modernizar as instalacións soterradas existentes (abastecemento de augas, fecais, subministro de enerxía eléctrica, telefonía), tendo en conta a situación límite de algunhas delas debido ao paso do tempo.
En conxunto, as obras supoñen unha decidida aposta pola humanización desta rúa e, por extensión, pola calidade de vida e a recuperación de espazos nunha emblemática zona da nosa Vila que, como ben saberás, e paso do Camiño de Norte de Santiago. Calquera cidade moderna hoxe en día ten recuperados as súas zonas máis tradicionais, supoñendo isto unha contribución ao desenvolvemento comercial das rúas e ao atractivo turístico da vila.
Coma sempre que se levan a cabo obras no casco urbano, a realización das mesmas supón, de xeito inevitable, unha serie de incomodidades e molestias temporais que estou seguro vostede saberá comprender e desculpar, desde o seu coñecemento da importancia e dos beneficios que as mesmas han supoñer.
Agradecéndolle a súa atención e comprensión, reciba un moi cordial saúdo.
O Alcalde,
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
Fernando Suárez Barcia