Demetrio Salgueiro interesouse polo estado do proxecto de construción do dique de abrigo de Morás que protexería as embarcacións pesqueiras e nun futuro, ás náutico recreativas, nunha zona actualmente pendente da adscrición por parte de Costas dos terreos correspondentes. Álvarez-Campana manifestou a intención de executar o devandito proxecto tan pronto como eses terreos sexan integrados na zona portuaria. O alcalde de Xove solicitou ademais a inclusión neste proxecto dunha rampla de varada para as embarcacións náutico recreativas.
Tamén solicitou información acerca do estudio de viabilidade para a adaptación do dique norte do porto. O presidente de Portos subliñou a complexidade deste asunto, sinalando por outra banda que o vindeiro xoves serán presentadas no Parlamento de Galicia as conclusións do recentemente rematado estudo de previabilidade sen que polo momento se poida adiantar ningún resultado.