LUGO .- Xiana Rego Fernández de Mondoñedo; Javier Fernández Arruñada, de Foz e Amara Chao Durán, de Burela acadaron un dos 16 premios Certame de narración sobre o Nadal impulsado pola Biblioteca Provincial
Nota de Prensa
O CERTAME DE NARRACIÓN SOBRE O NADAL CONVOCADO POLAS BIBLIOTECAS PREMIA A 16 MOZOS E MOZAS DE 10 CONCELLOS LUCENSES
* Recibirán unha estatuíña, un lote de publicacións e un diploma nun acto público que se celebrará o vindeiro día 11
Lugo, 3 de febreiro de 2010.- Rapaces e rapazas usuarios de 10 bibliotecas públicas da provincia resultaron premiados no Certame de narración sobre o Nadal impulsado pola Biblioteca Provincial e no que participan os demais centros da rede pública en Lugo.
Na categoría dos máis cativos, ata 8 anos, os gañadores foron Judith Rodríguez Gasalla, da biblioteca da Pastoriza, Elena Vilela Vázquez, da de Sarria, e Carmen Mato Maseda, de Vilalba. O xurado acordou conceder ademais dous accésits para Aldara Pozo Rodríguez e Xiana Rego Fernández, da Pobra de Brollón e Mondoñedo respectivamente.
Polo que respecta á categoría de nenos e nenas de entre 9 e 11 anos, resultaron gañadores Laura López López, de Sarria, Adrián Estraviz Cerdeira, da Biblioteca Provincial –na capital lucense-, e Macarena Ledo Vázquez, de Burela. Así mesmo, recibiron accésits Paula Vázquez, tamén de Burela, Anxela Jorge Vidal, de Sober, e Javier Fernández Arruñada, de Foz.
Por último, na categoría de participantes de entre 12 e 16 anos, o xurado premiou os traballos de María Elena López González, de Sarria, Brenda González Fernández, da Biblioteca Provincial, e Laura Claro Tellado, de Burela. Os accésits foron para Vanessa López Gómez, de Ribadeo, e Amara Chao Durán, de Burela.
Os premios entregaranse o vindeiro día 11 na sede da Biblioteca Provincial. Están dotados cunha figura de Sargadelos, un lote de libros e un diploma. Os participantes distinguidos cun accésit recibirán tamén un lote de libros e diploma.
O xurado estivo formado por José Carlos Rodríguez Andina, xefe territorial de Cultura e Turismo, Marisol González Regal, directora da Biblioteca Provincial, e Jaime Santoalla Varela, inspector de Educación.