NOTA DE PRENSA;
REGO LAMENTA QUE O SECTARISMO E A INTRANSIXENCIA DO PARTIDO POPULAR IMPEDIRA UN ACORDO NO PARLAMENTO SOBRE O CINTO INDUSTRIAL CERVO-XOVE, NO CONTORNO DE ALCOA
-O deputado socialista denuncia que non foi aceptada polo PP que se conformou con aprobar unilateralmente un brindes ao sol, que en nada compromete ao Goberno Galego sobre a construción deste suelo industrial.
Santiago, 11 de febreiro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego lamentou hoxe na Comisión 2ª do Parlamento, que o sectarismo e a intransixencia do Partido Popular impedira un acordo na Cámara Autonómica sobre o cinto industrial Cervo-Xove, no contorno de Alcoa.
O deputado socialista defendeu hoxe na citada comisión unha emenda sobre este asunto. (Adxuntamos a emenda rechazada polo PP).
Rego denuncia que non foi aceptada polo PP que se conformou con aprobar unilateralmente un brindes ao sol, que en nada compromete ao Goberno Galego sobre a construción deste suelo industrial.