Nota de Prensa
O PP DE FOZ CONSIDERA “UNHA DESFACHATEZ” QUE O SR. RIVERA SE ATREVA A FALAR DE QUE O GOBERNO DO BIPARTITO ACTUOU PARA MELLORAR A REDE DE ABASTECEMENTO DO CONCELLO DE FOZ.
-O Grupo municipal popular, entenden que o Sr. alcalde “non pode tomar por tontos aos veciños/as e venderlles un guión fiticio” cando él mesmo sabía que o anterior goberno olvidou o plan aprobado en novembro de 2008 .
-“A falta de sensibilidade con Foz e os caprichos do PSOE deixaron aos focenses cunha rede obsoleta que agora vai a encargase de mellorar o goberno autonómico do PP”.
O portavoz do grupo popular de Foz, critica “a desfachatez e a falta de respeto hacia os veciños”, as manifestacións que realizou en algúns medios de comunicación o noso alcalde, D. José María García Rivera, por asegurar que o anterior goberno da Xunta fixo moito pola rede de abastecemento da localidade, e decir que o novo Goberno da Xunta de Galicia habia paralizado este proxecto.
O 27 de novembro de 2008, o goberno dos seus compañeiros de partido dos que fala, aprobaron o proxecto no Consello da Xunta. E non só non fixeron nada máis, senón que deixaron que se perdera a posibilidade de executar a obra, porque non realizaron os trámites para poñelo en marcha, polo que se entende que o que pretendían, era sacar a foto e facer publicidade.
O sr. alcalde non pode pretender “venderlles aos veciños/as de Foz, un guión de ciencia ficción e tomalos por tontos, porque por culpa da inacción do goberno bipartito no que os seus amigos formaban parte e aos que él agora ensalza, houbo que retrotraer todo o proceso”. É agora, cando un goberno do Partido Popular na Xunta, que preside Alberto Núñez Feijóo, entende as demandas dos veciños/as de Foz e inicia o proceso para a execución das obras neste verán.