Site icon Crónica3.com A Mariña

Os veciños de Daian e Figuerido seguen sen sinal TDT polo pasotismo do alcalde, asegura o PSOE de cervo

Nota de Prensa

OS VECIÑOS DE DAIAN E FIGUERIDO SEGUEN SEN SEÑAL TDT POLO PASOTISMO DO ALCALDE DE CERVO

O GMS XA DENUNCIOU AS DEFICIENCIAS EN MAIO DO 2009

CERVO, 02 DE FEBREIRO.  O alcalde de Cervo segue na súa linea de esperar a última hora para poñerse a buscar solucións aos problemas que lle plantexan os veciños de Cervo. En este caso trátase dunha antiga reivindicación xa que os problemas de recepción de sinal de televisión en Daian e Figueirido, veñen de lonxe. Xa no ano 2007, os veciños rexistraron escritos solicitando ao alcalde de Cervo unha solución a mala recepción da sinal analóxica que nunca chegou.

En Maio de 2009, o GMS facíase eco das denuncias dos veciños, posto que veían coma de novo quedaban marxinados e pidiron a colocación de un reemisor.

A pesar dos problemas que todos sabíamos se ían presentar, o alcalde non fixo nada e agora os veciños atópanse cos problemas do apagón.

O alcalde coma ven sendo habitual, bótalle a culpa a outros, dun problema que ten que solucionar él en colaboración coa Xunta de Galicia.

Os veciños terán que esperar agora a ver se funciona o emisor que se vai a instalar en San Román. En caso de que ista solución non satisfaga a recepción terán que instalar a modalidae satelital, que é mais cara.

O CONCELLO DEBE SUBVENCIONAR OS GASTOS

O GMS, no caso de que a solución do emisor non sexa satisfactoria, solicitará ao Concello de Cervo, que subvencione a diferencia entre a modalidade satélite e a ordinaria, posto que os veciños de Daian e Figueirido non poden estar marxinados por mais tempo por parte do Concello. Hai que recordar que o equipo de goberno subvencionou unha guarderia privada con mais de 42.000 € e o tranporte privado para un colexio; polo tanto, é doado reclamar neste caso que o Concello se faga cargo dos gastos destes veciños, posto que se trata de un servizo polo que levan esperando moito tempo.

Exit mobile version