NOTA DE PRENSA:
O venres 29 de Xaneiro no pleno da corporación do Concello de O Valadouro aprobouse a moción do BNG na que se establecen as bases reguladoras para a concesión dunha subvención de 60€ para mercar material escolar para os rapaces de 0 a 16 anos censados no concello,cunha antiguidade mínima de seis meses.
Os rapaces que asistan á garderia teñen que presentar a matrícula para optar a dita axuda,os demais rapaces hasta 16 anos deberán presentar unha factura superior a 60€ en material escolar.
A retirada da gratuidade dos libros de texto por parte do goberno autonómico,gobernado polo PP,supón unha traba máis para a economía dos fogares dos galegos.O BNG entende que a educación é un dereito universal e polo tanto ten que ser gratuita para todos.
BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE AXUDAS ÁS FAMILIAS DO CONCELLO DE O VALADOURO PARA O CURSO ESCOLAR 2009-10
1. DISPOSICIÓNS XERAIS.
Estas normas teñen por obxecto establecer os criterios e procedementos para a concesión de axudas ás familias no ámbito municipal de O VALADOURO, de acordo cos principios de obxectividade, igualdade, concorrencia e publicidade, para a prestación de axudas para o curso escolar 2009/10
2. FINALIDADE E OBXECTO.
A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas para que os destinatarios realicen as súas compras de material escolar,de cara ao curso 2009/10.
O importe da axuda será de 60 € (sesenta euros) por cada nen@, rapaz@, nun pago único e por unha soa vez por cada destinatari@
3. DESTINATARIOS.
Poderán solicitar estas subvencións as familias con fill@s de 0 a 16 anos censad@s en O VALADOURO, sendo requisito imprescindible convivir co/a menor ao cargo.
O grupo municipal do BNG presentou e logrou aprobar por unanimidade as seguintes mocións:
– FOMENTAR O USO DAS ESCOLAS PARROQUIAIS MEDIANTE A INSTALACIÓN DE ZONAS WIFI NO SEU RECINTO.
– O CAMBIO E MODERNIZACIÓN DOS PANEIS INFORMATIVOS DE SEÑALIZACIÓN MUNICIPAIS.