RIBADEO (FNC) .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en xaneiro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas novas tecnoloxías en Ribadeo. No mes que rematou impartiu un 3 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 31 persoas.
Os cursos impartidos este mes foron Iniciación a internet e Xestión de calendarios en dous turnos. Desde o Telecentro tamén destacan outros obradoiros levados a cabo como Creación dunha conta de correo electrónico, Saúde en internet ou Procesador de textos writer, que poñen de manifesto a grande diversidade formativa que oferta a Rede. Ademáis 15 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que ésta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 550 ocasións.
Desde que a Rede de Dinamización da Sociedade da Información botou a andar en Ribadeo hai dous anos foron xa 1041 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 102 obradoiros nos que se formou a 693 participantes.