Nota de Prensa
REGO VALORA POSITIVAMENTE QUE A ACTUAL XUNTA DE FEIJOO ENTENDESE POR A FIN A CONTINUIDADE DO PROXECTO DE ABASTECEMENTO DE AUGA PARA FOZ
-O deputado socialista espera que a Xunta cumpra adxudicando as obras para que poidan iniciarse no prazo mais inmediato posible.
Santiago , 3 de febreiro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego valorou hoxe moi positivamente que a actual Xunta de Feijoo entendese por fin a continuidade do proxecto de mellora de abastecemento de auga a Foz.
Rego rexistrou unha pregunta na Cámara Autonómica na que reclamaba explicacións sobre as causas da demora ou suspensión das actuación de mellora da rede de abastecemento e de calidade das augas no Concello de Foz e as previsións existentes para o cumprimento do acordo do Consello da Xunta de Galicia dos día 27 de novembro de 2008.
O deputado socialista Lembra que esta infraestrutura é un proxecto acadado entre o anterior Goberno da Xunta e o alcalde de Foz para dar reposta a necesidade de ampliación e mellora dun servizo básico como é o abastecemento de auga, cun investimento superior por mais de 2 millóns de euros.
Rego que denunciou no seu día o retraso desta iniciativa, congratulase de que a resposta sexa positiva para os intereses dos focenses, e espera que a Xunta cumpra adxudicando as obras para que poidan iniciarse no prazo mais inmediato posible.