Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE asegura que o PP rexeitou a reposición de vixiantes nocturnos nos portos de Burela e Celeiro

NOTA DE PRENSA
REGO DENUNCIA QUE O PP RECHAZOU NO PARLAMENTO A REPOSICIÓN DOS VIXIANTES NOCTURNOS NOS PORTOS DE BURELA E CELEIRO

-O deputado socialista di que a chegada de Feijoo a Galicia supón un grave recorte dos servizos públicos para a comarca da Mariña a tódolos efectos

– Considera unha tomadura de pelo a proposta do PP de substituír os vixiantes nos portos por cámaras de vixilancia

Santiago , 5 de febreiro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego denunciou hoxe que O PP rechazou a reposición de vixiantes nocturno nos portos de Burela e Celeiro. O deputado interveu hoxe na Comisión 8ª do Parlamento para reclamar mediante unha Proposición Non de Lei a reposición destes servizos. A iniciativa foi rechazada polo PP, e apoiada polo BNG.

Rego considerou unha moi mala noticia o apoio dos deputados do PP a decisión do Goberno da Xunta de suprimir os vixiantes nocturnos nestes portos.

O deputado socialista denuncia que a chegada de Feijoo a Galicia supón un grave recorte dos servizos públicos para a comarca da Mariña a tódolos efectos. Dixo que estes recortes nótanse tanto no eido sanitario, en infraestruturas e equipamentos e mesmo na retirada de servicios de seguridade e vixilancia que existían nos portos en función do seu estado de necesidade e demanda dos usuarios dos mesmos.

Considera unha tomadura de pelo a proposta do PP de substituír os vixiantes nos portos por cámaras de vixilancia. Sinala que estes elementos poden considerarse como complementarias pero nunca como substitutos deles , o que sen dubida fai inoperativo este servizo. Rego afirma que “dar por boa a proposta do PP seria tanto como recoñecer que nos servizos da Xunta, onde existen cámaras de vixilancia, non serian precisos guardas de seguridade, ou mesmo que nas autopistas e autovías onde tamén existen cámaras de vixilancia non foran necesarios os guardias de trafico”.

Ismael Rego cualificou como de gravísima irresponsabilidade a actuación da Xunta retirando os vixiantes nocturnos mesmo antes de poñer en servizo as cámaras que anuncian, o que xa trouxo como consecuencia un alto grao de inseguridade como por exemplo roubos e sabotaxes a varias embarcacións ou bens dos axentes que operan neles.

Exit mobile version