Nota de Prensa
Grupo municipal do PSdG-PSOE O Valadouro
Queremos trasladarlle a opinión publica o nosos malestar e desacordo con
decisión tomada polo equipo de goberno para desviar 160.00,00 € do Plan E para
o arranxo e ampliación de tres aulas na escola infantil.
Non cuestionamos a necesidade desa ampliación. O que non podemos entender e
como o concello financian unha obra de competencia autonómica, o mundo ao
revés, en vez de financiar a Xunta ao concello somos nos os que financiamos a
administración autonómica, e por enriba tomase este acordo días despois de que a
Secretaria Xeral de Familia e Benestar anunciase que por parte da Xunta se vai
construír unha escola infantil en Alfoz; Ou sexa no concello veciño paga a Xunta e
aquí pagamos nos, inconcibible.
Por certo a dia de hoxe non se firmou convenio ningún para dotar de medios
materias nin humanos de dito centro