Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo pide que o Rivera Casás se use como gardería e centro de día

NOTA DE PRENSA:
CADA VEZ MAIS VOCES RECLAMAN USAR O RIVERA CASÁS COMA GARDERÍA E CENTRO DE DÍA. O GMS PROPONE ADEMAIS UN PABILLÓN MULTIUSOS PARA EVENTOS DEPORTIVOS E SOCIAS
AS INSTALACIÓNS DO COLEXIO SALVARON AS FESTAS DE CARNÁVAL, QUE HOUBERA SIDO IMPOSIBLE CELEBRAR SEN A SÚA EXISTENCIA
CERVO, 20 DE FEBREIRO. O alcalde de Cervo segue coa súa cegueira social e política evitando calqueira cauce de entendemento cos grupos da oposición que levan demandando dende o inicio da lexislatura a participación nos asuntos transcendentes do Concello e que de forma reiterada o PP impide.
No pleno do venres, o PP de Cervo deixou claro que é incapaz de chegar a acordos no que respecta as instalacións do Rivera Casás. A pesar de que son cada vez mais as voces que piden a transformación destas instalacións en servizos para San Ciprián, o PP segue negando aos veciños estes usos.

Ademais o PP, coa súa intención de desafectar os terreos, mostra unha falla absoluta de respecto pola xustiza, posto que hai que recordar que están en marcha dous contenciosos sobre a decisión da Consellería de educación de pechar o colexio.

O PP, ANCLADO NO PASADO; O GMS MIRANDO AO FUTURO

O PP de Cervo amosa claramente que segue a estar anclado no pasado, e segue sen ter altura de miras para San Ciprián. O GMS tendió a man ao PP pedindo que retirara o punto da desafectación do pleno, de forma que se formara unha comisión onde estiveran representados todos os partidos políticos e chegar a un consenso. Foi misión imposible.

Dende o GMS dimos alternativas útiles, alegando o uso que se está a facer na actualidade destas instalacións, e recordamos que grazas a que o pabillón existe, o carnaval foi posible. En caso contrario, a choiva houbera impedido aos veciños e aos nenos de san Ciprián disfrutar destes días de festa, posto que San Ciprián non conta con outras posibilidades onde albergar estes actos en caso de climatoloxía adversa.

IMPEDIR A LABOR DE OPOSICIÓN

Tamén temos que lamentar que o equipo de goberno intentara acallar a nosa voz coma partido da oposición, impedindo que poideramos falar o tempo necesario, acortandolo ata os dous minutos as intervencións, algo que non se fixo ata este pleno. Un intento mais de impedir o debate sereno tan necesario neste Concello.

POLITICA DE RODILLO, DESTRUCTIVA E DE DIVISIÓN

O mais lamentable de todo é que o PP de Cervo busca de novo a confrontación, posto que a pesar dos intentos reiterados da oposición de tender a man, rechazan unha e outra vez abrir o diálogo con todas as partes implicadas. O PP prefire “pasar o rodillo” sen chegar a ningún acordo o que demostra que non ten ganas de solucionar o conflicto aberto fai anos. Prefiren a confrontación ao acordo porque cre que así terá mais votos para beneficiar ao seu partido. O interés dos veciños, non conta.

Exit mobile version