Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente de Portos de Galiza quere un sistema portuario galego

SANTIAGO .- Galicia está preparada para xestionar todos os portos da comunidade segundo asegurou o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana. En Galicia hai 128 portos e instalacións portuarias, dos cales 122 son da competencia autonómica e 6 están declarados como portos de interese xeral do Estado.

Nota de Prensa

Hoxe, nunha entrevista na Televisión de Galicia

ÁLVAREZ-CAMPANA: “A ADMINISTRACIÓN PORTUARIA DE GALICIA ESTÁ PREPARADA PARA XESTIONAR TODOS OS PORTOS DA COMUNIDADE”

* Se trata de conseguir un sistema portuario galego potenciando as sinerxias entre a actividade dos portos
* A rebaixa das taxas beneficiará ao conxunto dos usuarios dos portos das diferentes areas de actividade, sen que diminuian os recursos pola redución das taxas, nin os servizos básicos se verán mermados para os usuarios.

Santiago, 4 de febreiro de 2010.- O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, asegurou esta mañá, que “a administración portuaria de Galicia está preparada para xestionar todos os portos da comunidade”, así o suliñaba nunha entrevista mantida coa Televisión de Galicia.

Se trata de conseguir un sistema portuario galego potenciando as sinerxias entre a actividade dos portos, para facilitar a mellor consecución dos fins que na economía actual lle incumben ao sector portuario. Actuacións que supoñan unha maior eficacia económica e territorial da actividade, das inversións e das infraestructuras portuarias

Hai que ter en conta que a realidade portuaria de Galicia, amosa que esta Comunidade Autónoma ten unha fachada marítima de máis de 1700 km de costa, na que se ubican 128 portos e instalacións portuarias, dos cales 122 son da competencia autonómica e 6 están declarados como portos de interese xeral do Estado

Taxas portuarias, náutica recreativa e embarcacións tradicionais

Asi mesmo, o presidente de Portos de Galicia refiríuse acerca da recentemente modificada Lei de Taxas, o que segundo manifestou “supón unha medida importantisima cara a rebaixa das contías básicas”. Unha rebaixa que terá un impacto positivo porque incrementarán as actividades portuarias e xenerarán mais emprego. Esta modificación das taxas beneficiará ao conxunto dos usuarios dos portos das diferentes areas de actividade, sen que diminuian os recursos pola redución das taxas, nin os servizos básicos se verán mermados para os usuarios.

O presidente de Portos fixo mención tamén á náutica recreativa. Un sector de gran importancia para Galicia. Nestes momentos manifestou “estase a revisar o anterior plan director de instalacións náuticas de Galicia contando con todos os sectores implicados”, unha revisión dos espazos portuarios en donde conviven as actividades comercias, pesqueiras a náutico recreativa e a acuicultura..

As embarcacións tradicionais tamén tiveron un oco nesta entrevista. “Ë a primeira vez que se teñen en conta a este tipo de embarcacións”, e nese senso manifestou o “compromiso do ente público co patrimonio e a cultura marítima”, co acondicionamento de lugares nos portos adicados ás embarcaicóns tradicionais.

Exit mobile version