Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da Xunta pide información ao alcalde de Ribadeo da proposta para acoller na vila a nenos haitianos

RIBADEO (FNC) .- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo tamén lle envía unha carta ao alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, referida á proposta para acoller na vila a nenos haitianos.

O titular do Goberno galego agradécelle a carta do pasado 25 de xaneiro “na que me transmite a reacción solidaria de Ribadeo co pobo haitiano. É loable a iniciativa do Concello de Ribadeo de querer artellar mecanismos de acollida para os nenos e nenas haitianos vítimas do terremoto”.

Núñez Feijoo prégalle a Fernando Suárez que “me manteña informado da evolución desta proposta que trasladou ao Goberno de España para poder, deste xeito, decidir dende a Xunta de Galicia, cales son as canles de colaboración máis apropiadas”.

Hai uns días que o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, lle remitía unha carta ao rexedor sobre este asunto que lle fixo chegar á Secretaría Xeral de Cooperación Internacional para o seu estudo.

Exit mobile version